Deportes

"Neste rally vai haber 3 WRC, así puntúan igual que o resto de coches"

Víctor Senra correrá o Campionato Galego de Rallys cun novo Citroën C3 WRC a pesar das trabas que puxo a federación

O Dumbriés Víctor Senra pasou este mércores pola Tertulia dos Outros Deportes de Radio Nordés Cadena SER a poucos días de que comece o Rally da Coruña que se celebrará os días 16 e 17 de marzo e co que se inicia Campionato Galego de Rallys 2024.

Senra criticou o intento da federación Galega de non deixar sen puntuar aos World Rally Car, “É ilóxico que os WRC non puntúen, levan 30 anos puntuando, non sei a que veu iso” dixo. Finalmente este tipo de coches, superiores en prestacións ao resto, si puntuarán, pero cun coeficiente de modo que aínda gañando a carreira sumarían menos puntos que o segundo clasificado, excepto se hai un mínimo de 3 WRC, que puntuarán igual. Segundo dixo o piloto da Costa da Morte neste primeiro Rally, na Coruña, serán polo menos tres World Rally Car competindo.

Víctor Senra buscará o seu oitavo título de campión galego consecutivo, asegura que ten a mesma ilusión que cando loitaba por facerse co primeiro título. Ademais do Campionato Galego tratará de correr unha ou dúas probas do Nacional.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00