Sociedad

O Río Castro tínguese de branco

Dende a piscifactoría Tres Mares indican a vertedura non está afectando ás troitas

Esta mañá o río Catro, en Lires, apareceu coa auga tinguida de branco. Polo de agora descoñécese a orixe desta vertedura, e segundo confirma a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, producíuse río arriba, noutro municipio.

de momento segue sendo tamén unha incognita cal pode ser o produto que confire esta cor branca ao río, Policía local e autonómica xunto a mmbros do Seprona recollen mostras para a súa análise. Aínda que as primeiras sospeitas apuntan á mina de Caolín de Castrelo no concello de Vimanzo, Lamela prefire ser cauta e espera os resultados das analíticas.

Xusto na desembocadura do río Castro, en Lires, está instalada a Piscifactoría Tres Mares, dende a dirección de empresa aseguran que a vertedura, de momento, non afectou ás troitas e están traballando con normalidade

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00