Sociedad

Augas de Galicia solicita a CAVISA unha limpeza para evitar que poidan producirse afeccións no río Castro

A pesar dos indicios, cos datos actuais non se pode asegurar que a vertedura de onte proveña da mineira vimiancesa

Cee

Con anterioridade, os técnicos de Augas de Galicia tiñan apreciado unha vertedura debido ao alivio dunha balsa de almacenamento de auga en Caolines de Vimianzo, pero a pesar dos indicios, cos datos actuais non se pode asegurar que a contaminación de onte proveña da mineira vimiancesa, tendo en conta que a distancia entre a mineira e Castrelo e a piscifactoría de Lires hai 17 quilómetros.

En todo caso, á espera de que se poida concretar e coñecer a orixe real da vertedura que afectou ao río Castro á altura de Lires, Augas de Galicia vai pedir á empresa mineira extractiva unha limpeza da área para evitar que, coa previsión de choiva para os próximos días, se produzan novas afeccións.

Os técnicos de Augas de Galicia desprazáronse onte mércores a Lires para inspeccionar o río Castro e tomar mostras para analizar e determinar a orixe da vertedura e adoptar as medidas necesarias, hoxe xoves volveron ata o lugar constatando que o caudal da vertedura ten remitido moito, aínda que se observan restos nas zonas da canle e de policía do río

Unha vez se teñan os resultados das mostras tomadas onte en Lires, augas de Galicia tomará as medidas sancionadoras que correspondan.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00