Sociedad

O Concello de Vimianzo denuncia unha vertedura de pneumáticos á beira do río Grande

A alcaldesa critica o alto número de comportamentos graves contra o medioambiente e o civismo detectados no concello

Vimianzo

O Concello de Vimianzo denuncia un novo vertido, esta vez de material pneumático, á beira do río Grande, na Furaqueira. “É a enésima vez que advertimos de comportamentos que van moito máis aló, que atentan contra o medio e tamén contra o civismo”, sinala a alcaldesa, Mónica Rodríguez.

Os feitos xa están denunciados e trabállase en posibles pistas para atopar aos responsables deste feito que “non responde nin representa, en todo caso, a como se comporta a veciñanza de Vimianzo con respecto ao coidado da natureza”, indican dende o goberno local.

En Vimianzo existe un Punto Limpo no parque empresarial, que funciona os xoves de 9:00 a 13:00 y de 15:00 a 19:00 horas, así como sábados de 10:00 a 14:00 horas, así como o servizo de recollida a domicilio, que se leva a cabo unha vez ao mes.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00