Nova edición de 'Con Voz de Muller': o 9 de abril no Teatro Principal de Santiago
A cineasta Jaione Camborda, a escritora Arantza Portabales, as xornalistas Montserrat Domínguez e Esther Palomera e a fiscal de menores, Pilar Fernández, son algunhas das participantes no foro que organiza a Cadena SER. Descarga a túa invitación gratuita aquí.
Radio Galicia Cadena SER organiza unha nova edición de 'Con Voz de Muller', un foro no que debater e analizar sobre o papel da muller en diferentes ámbitos. O foro celebrarase en Santiago de Compostela, o próximo 9 de abril, ás 18.00h no Teatro Principal, e estará moderado pola xornalista da Cadena SER, Aida Bao.
Tras a inauguración por parte da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, haberá tres mesas de debate. Na primeira, 'A muller no mundo da arte', a directora de O Corno, Jaione Camborda, a cantante Natashia Zurcher xunto á escritora Arantxa Portabales contarán as súas experiencias profesionais, e como avanzou a relevancia da muller no mundo das artes.
Nunha segunda mesa 'Mulleres que marcan opinión', a directora de contidos da Cadena SER, Montserrat Domínguez, compartirá reflexións con Esther Palomera, dúas xornalistas que desenvolveron a súa carreira profesional á fronte de diferentes medios e como columnistas.
Nas xornadas abordarase tamén 'A igualdade na adolescencia', cun responsable do documental 'Xeración Porno'. Nesa mesa participará tamén a fiscal de menores Pilar Fernández un profesor do IES Rosalía de Castro de Santiago e a profesora da USC Patricia Alonso.
Este evento é posible grazas a participación do Concello de Santiago, Vegalsa - Eroski, Viaqua, a clínica de reprodución asistida e fertilidade Zygos e Gadis.
As invitacions poden retirarse de xeito gratuito pulsando aquí .
Será a cuarta edición que chegue a Compostela pra poñer en valor o papel da muller na sociedade actual. Así foi o anterior capítulo que Macarena Berlín presentou no Teatro Principal de Santiago.