Actualidad

Valentín González Formoso: "A Xunta non reinvirte aquí un céntimo do que recada co cánon da auga"

O presidente da Deputación compara os investimentos do ente provincial cos inexistentes da Xunta de galicia

O goberno municipal de Cee durante a recepción ao presidente da Deputación

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañán Cee e Dumbría para interesarse polos diferentes proxectos que o ente provincial afronta en Cee e Dumbría. Diante do Concello foi recibido por, entre outras, a alcaldesa de Cee-Margot Lamela- á fronte do goberno local e a alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez.

González Formoso visitou á Vila da Xunqueira para comprobar as obras de rehabilitación do centro cultural de Brens, así como as actuacións de ampliación e mellora da seguridade vial en Bermún, onde a Deputación fixo un investimento de 680.000 no que se aproveitou para mellorar servizos básicos como o de abastecemento da parroquia". Precisamente sobre estas últimas actuacións afondou o presidente do ente provincial, xa que na súa opinión, a Deputación cubre un oco xerado pola falta de investimentos do goberno autonómico. "A Xunta de Galicia recada os cánones nas facturas aos veciños e veciñas de Cee e non reinvirte un céntimo dese cánon. Cada vez que falamos de abastecemento de auga, os ceenses pagan uns impostos que non revirten en Cee. É unha cuestión de xustiza social" explicou. Considera Formoso que ese é un debate que debe reabrir á maior brevidade posible "porque xa estando Feijoo o plantexamos dende a Deputación. En 10 anos só se convocou unha vez o a Comisión Galega que é onde nos vemos os representantes de concellos e deputacións coa Xunta de Galicia. Fixemos unha proposta de que os impostos e cánones que se recadan a cada veciño na provincia da Coruña na factura da auga, que o 50% fose para as inversións da Xunta e o outro 50% que quedara para inversión neses concellos. Sempre tivemos o non por resposta". Unha situación que provoca situacións paradóxicas como que existan estacións depuradoras "xestionadas pola Xunta se que o Concello poña un euro e hai outras que financiamos os concellos onde non inviste un só euro a Xunta de Galicia".

Outro dos motivos da visita do presidente da Deputación foi interesarse polos proxectos que afectan á zona de Caneliñas, onde inda son evidentes os vestixios da antiga factoría baleeira. Un espazo que considera "patrimonio histórico de Cee. Aquí no ano 1985 deixouse de pescar baleas e o Concello, coa axuda da Deputación, imos organizar e financiar a conmemoración dese momento"."É un visita importante para que o presidente da Deputación coñeza un entorno tan bonito como Caneliñas"

A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, destacou o valor paisaxístico e histórico dun espazo que, lembrou, é de propiedade privada "pero traballamos para recuperar o entorno cunha senda peonil dende Ameixenda ata Caneliñas e Gures. Nos vindeiros días presentarase o programa de actos conmemorativos da pesca da última balea que foi despezada na factoría ceense.

Logo de visitar Cee, o presdente da Deputación trasladouse a Dumbría para revisar outras actuacións que afrontan nese concello. "Este ano batimos récord en financiación aos Concellos vía POS e tamén sostemos vía gasto corrente, servizos básicos. Pagamos facturas de alumeado, abastecemento, nóminas de escolas infantís e ata rehabilitación de edificios públicos" lembrou.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00