Sociedad

As rúas de Combarro xa están engalanadas para celebrar o Día de Colón

Esta tarde inaugúrase no Casal de Ferreirós a exposición de pintura “Con acento de Poio, o noso Colón”.

As rúas de Combarro xa están engalanadas para celebrar mañá venres e o sábado a décima edición do Día de Colón. Nunha contorna inmellorable para retroceder ata o Medievo, o Concello de Poio, coa colaboración das asociacións Combrus, Vides Novas e Leucoíña, ten en marcha unha extensa programación lúdica e festiva para toda a familia: mercado artesanal, animación nas rúas durante todo o día, teatro e bailes medievais, concertos, tiro con arco e esgrima antiga, xusta medieval...

O alcalde, Ángel Moldes, anima a visitantes e veciños a gozar de toda a programación, e recorda que o Día de Colón sempre contou cun grande éxito de participación tanto os propios días, como nos preparativos: establecementos, veciños e colectivos están totalmente involucrados na festa, decorando as súas casas e negocios, ensaiando os bailes medievais, e perfectamente ataviados coas súas roupas.

A festa medieval comezará mañá, coa apertura do mercado artesanal na Praza da Chousa desde as 17.30 horas. Artistas e xograres percorrerán as rúas conmúsica e trucos durante toda a tarde. Ás 18.30 horas terá lugar o espectáculo itinerante “A min a garda!”. A chegada da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación será ás 20.30 horas na Praza da Chousa, e posteriormente a lectura do pregón, na Praza de San Roque, correrá a cargo de Ramón Pedras “Petete”, unha das primeiras persoas que xestou a idade da celebración do Día de Colón. Para rematar a primeira xornada, Moura Teatro representará a obra “Para Lavar Colón”.

O sábado durante todo o día haberá animación e obradoiros nas rúas, bailes medievais, teatro, actuacións musicais, xustas medievais, espaderos, arqueros, malabaristas e zonas infantís. A maiores, para combinar a parte lúdica e festiva coa divulgativa, na que se reivindica a teoría do Colón de Poio e de Portosanto, organízase a conferencia-coloquio, ás 12.00 horas, “A Clave e a pegada de Colón”, con Carlos de Vilanova e Ángel Carracelas na Escola do Campo.

Nos días previos Poio xa conta con programación relacionada coa celebración medieval. Deste xeito, o alcalde Ángel Moldes recibiu a doazón que Luis López Básalo, “coloniano e socio número 1 da Asociación Galicia Histórica” fixo aos fondos da Casa de Colón, situada en Portosanto. Trátase do facsímil da carta de Colón anunciando o descubrimento do novo mundo. Unha edición limitada que se reduce a 525 exemplares publicada en Barcelona en 1493 e que, grazas á doazón de López, xa se pode ver na casa museo de Colón en Poio.

En colaboración coa Asociación da Casa Museo Cristóbal Colón, esta tarde (19.00 horas) tamén se inaugura no Casal de Ferreirós a exposición de pintores pontevedreses “Con acento de Poio, o noso Colón”, comisariada por Antón Castro e Antón Sobral.

Sigue el canal de la SER en WhatsApp
Encontrarás toda la información, el deporte y el entretenimiento: la actualidad del día y las noticias de última hora, los mejores vídeos y momentos de la radio, entrevistas, reportajes y mucho más.

Suscríbete ahora
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00