Salud y bienestar | Ocio y cultura

Álvaro de Castro: “É relevante saber a medicación que tomamos e para que”

O médico titular de Sandiás e o concello promoven un obradoiro de educación para a saúde

Entrevista co doutor titular de Sandiás, Álvaro de Castro

Entrevista co doutor titular de Sandiás, Álvaro de Castro

08:10

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1717086992485/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Sandiás

Álvaro de Castro é o médico titular de Sandiás dende fai ano e medio. Na súa práctica profesional como médico rural detecta que hai moitas persoas maiores con patoloxías crónicas. Por iso, está a promover unhas xornadas baixo o nome “Consulta do médico, falando en prata”.

Unha tivo lugar hoxe e a vindeira será o xoves 6 de xuño, onde se reparará na xestión do centro de saúde, dúbidas sobre analísticas e diálogo sobre os termos e palabras relacionadas coas enfermidades do día a día.

O obradoiro parte da colaboración entre o doutor e o concello de Sandiás. Á marxe do Servizo Galego de Saúde porque, tal e como explica Álvaro de Castro “parece que todas as actividades se fan sempre nas cabeceiras de comarca, pero Sandiás existe ao igual que Teruel”. Neste sentido, non é a primeira vez que levan adiante un coloquio destas características.

“A comunicación médico-doente é necesaria para que funcione ben unha consulta” por iso estes obradoiros permiten axudar neste sentido. A comunicación, continúa de Castro, ten que darse tanto cos doentes como coas familias.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00