Política

“Agora piden dialogo, pero todos me vetaron cando había que formar goberno”

Iago Toba defendeu en Radio Nordés a súa xestión “pese á oposición que se une para restar”

Pleno Aberto con Iago Toba alcalde de Muxía (06/05/2024)

46:58

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1717599710489/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

O alcalde de Muxía participou hoxe mércores no pleno aberto de Radio Nordés , Iago Toba falou claro da posible moción de censura asegurando que está convencido de que non acabará a lexislatura, tal e como dixo no último pleno, confirmou que ten probas de que hai conversas entre os outros tres partidos para arrebatarlle a alcaldía. Toba amósase convencido de que se aínda non presentaron a moción é porque non se poñen de acordo nas dedicacións a cobrar.

Dende a oposición coincidiron en pedir maior dialogo e menos confrontación e acusaron ao goberno de non facilitar a documentación necesaria sobre os temas que deben votar nos plenos, unha cuestión que para o alcalde non é máis ca unha escusa para votar en contra ás súas propostas.

Sobre a falta de dialogo, asegurou que “os mesmos que agora piden diálogo vetáronme publicamente cando había que formar goberno”. Aínda así asegurou que tivo conversas con populares e nacionalistas antes da investidura.

O rexedor muxiá defendeu os esforzo que fai o seu goberno en infraestruturas “a pesar da que a oposición se une para restar”. Destacou diferentes obras cun investimento en saneamento”histórico” ou a traída da auga a Suxo.

Confirmou que este mes empezarán as obras da ponte de Vilachán e que se rematarán as do punto limpo. Tamén asegurou que en xuño terá lista a licitación do SAF.

Presumiu de xestión turística, amosouse favorable a mancomunar servizos e á regulación das vivendas de uso turístico.

Toba pediu a Costas e Estradas que estuden unha solución par evitar a formación da duna de area na estrada da localidade, como aconteceu esta fin de semana, consciente de que non ten unha solución doada, pide como mínimo que fagan un mellor mantemento da zona.

Por último, Iago Toba comprometeuse a rebaixar a crispación política municipal e pediulle aos outros grupos que fagan o mesmo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00