Política

A alcaldesa de Fisterra acudirá á asemblea aberta do seu partido pese a non ser convocada

Alternativa do Veciños convoca á veciñanza para informar das presuntas irregularidades da alcaldesa. "Entereime pola prensa, no Facebook de Alternativa dos Veciños estou bloqueada" afirma.

A alcaldesa de Fisterra no escenario da asemblea deste serán

Fisterra

A situación política en Fisterra continúa marcada pola inestabilidade. O grupo que sustenta ao goberno municipal, Alternativa dos Veciños, celebra hoxe unha asemblea aberta. Na convocatoria da mesma anuncian que darán información sobre as "irregularidades" presuntamente cometidas, tanto en expedientes urbanísticos coma en materia de contratación, pola alcaldesa. A cita, no salón de actos do Concello ás 20:30, será aberta a toda a veciñanza pero á mesma non foi convidada a propia alcaldesa.

En declaracións a Radio Nordés, Áurea Domínguez anunciou a súa presenza no acto para ofrecer as aclaracións pertinentes, pese a considerar que a convocatoria se fixo de xeito irregular. "Descoñezo quen convocou a asemblea porque o grupo político de AdV de Fisterra non foi convocado para decidir sobre ese acontecemento" asegurou. "O voceiro do grupo municipal de AdV é o concelleiro Francisco Antonio Lestón Redonda que tampocuo foi chamado para adoptar tal decisión nin se lle comunicou". Á rexedora resúltalle chamativo non ter sido citada para unha xuntanza da que ten constancia pola prensa. "No Facebook de AdV de Fisterra estou bloqueada e non podo ver as noticias que saen nese perfil" confesou.

Pese a todo, Áurea Domínguez anuncia a súa asistencia á asemblea aberta. "Segundo os temas a tratar véxome na obriga de asistir, escoitar e se fose necesario defender ao goberno e ao concello de Fisterra" manifestou ao tempo que lanzou un chamamento a todos os veciños para que acudan á xuntanza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00