Fútbol

A oposición de Fisterra considera a situación do goberno como "escandalosa e insostible"

O voceiro socialista considera previsible a situación porque os promotores da candidatura de AdV só buscaban "o interés particular da súa familia"

A crise política fisterrá monopoliza as conversas na vila do cristo / Concello de Fisterra

Fisterra

A guerra aberta entre as dúas faccións de Alternativa dos Veciños é prácticamente o único tema de conversa en Fisterra. A asemblea aberta do pasado venres exhibiu ante toda vila que a formación está partida en dous bandos irreconciliables. Dos tres concelleiros cos que AdV conseguiu a alcaldía, dous sosteñen o goberno local: a propia alcaldesa e Francisco Lestón. Por outra banda queda Francisco Martínez Traba, ao que a alcaldesa retirou as súas competencias logo de votar en contra da proposta de orzamentos da súa propia formación e que se mantén fiel a Juanfran Martínez, responsable local e fillo do concelleiro díscolo.

Mentres AdV vive a súa guerra civil, a oposición contempla a escea coincidindo na mala imaxe que se está a ofrecer de Fisterra e subindo de ton as súas críticas. Luis Insua, voceiro no Partido Popular califica a situación como "inédita e escandalosa". Ao líder da oposición sorpréndelle o escenario político porque "isto en Fisterra nunca sucedeu. Nunca pensamos que puidera suceder isto". A análise dos populares dibuxa un panorama de bloqueo, porque "a alcadesa está nun goberno de dous e nunha situación moi débil. Restan tres anos de lexislatura. As obras e o que se fan veñen de gobernos anteriores e outros organismo como a Xunta". Pese a que matemáticamente unha das solucións puidera pasar por un pacto entre o PP e o concelleiro de AdV, os conservadores non valoran esa saída que califican de "esperpéntica". "Nós imos seguir facendo oposición seria e firme e pensando no futuro" sentencia Insua.

Pola súa banda, a José Marcote, ex alcalde de voceiro do PSOE, a situación creada non lle sorprende en absoluto. "Hai que remontarse a semanas antes das elecións municipais cando advertín á alcaldesa e ao concelleiro Francisco Lestón das verdadeias intencións da creación da candidatura dos veciños, que non tiñan nada que ver co ben xeral de Fisterra e si co interés da súa familia (de Martínez Traba)". Na súa opinión, o guerra aberta escenificada non ten consecuencias a nivel político, únicamente de imaxe, xa que "elevou ao público a súa división interna cun espectáculo bochornoso". No futuro inmediato non descarta prestar apoio á alcaldesa porque "está a levar a cabo o programa do PSOE porque non tiña outro. Na medida en que sexan capaces de levar a cabo ese proxecto, estaremos para apoialoporque é o noso". Considera Marcote que o único que impulsa políticamente á facción contraria da alcaldesa é o rencor e, reitera, o interés persoal. "Demostraron que o seu único programa é seguir coa caza de bruxas, o que pasa é que antes as bruxas éramos dúas, o arquitecto e máis eu, e agora parece que andan tamén á caza da alcaldesa" Marcote sinala tamén a culpabilidade de Ángel García Seoane, fundador de AdV e alcalde de Oleiros. "Demostra o seu nulo interés de Fisterra, non computa para estar na Deputación pero en Arteixo si e alí a única concelleira de AdV é familiar deles" explica.

No BNG a análise non é moi distinta a dos seus compañeiros de oposición. Teresa Fernández, concelleira do BNG califica a situación como "insostible". Bota en falta conversas por parte da alcaldesa, á que lembra que "nós apoiamos esa opción e nos deben moitas explicacións. Temos un goberno de dúas persoas en crise permanente e nin sequera chaman para contar que pasa, enterámonos polos medios". Coincide con PSOE e PP en constatar parálise no goberno local, porque "están quedando proxectos sen facer en Fisterra. Este ano tiverono fácil porque as obras que fan xa estaban programadas, pero quedan cousas por facer". Dende a bancada nacionalista lamentan "que Fisterra esté de actualidade por estas cousas"

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00