Opinión

Iago Toba acusa ao exalcalde socialista Félix Porto e a un construtor como impulsores da moción

O alcalde muxiá reta ás tres forzas que asinaron a moción a facer públicos os detalles do acordo e como será o goberno

Entrevista a Iago Toba | 30/09/2024

35:16

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1727711716636/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Muxía

Falta unha semana para o pleno da moción de censura en Muxía que , salvo sorpresa, levará á alcaldía ao líder dos independentes Javier Sar en substitución do socialista Iago Toba. A moción foi presentada polos tres grupos da oposición PP, IxM e BNG alegando ausencia total de dialogo, ataques pesoais, menosprezo á labor da oposición e un abuso e esgotamento do remanente, ademais de incumprir os acordos plenarios.

Toba falou na mañá deste luns en Radio Nordés onde insistiu na “anomalía democrática” que supón facer alcalde ao candidato da terceira forza e lugar de ser Sandra Vilela a líder do PP, segunda forza no pleno, a candidata da moción. A única explicación que o rexedor atopa a esta situación é que o acordo se lograse “a base de euros” e asegura ter probas diso. Acusa á formación conservadora de que “vende aos seus votantes por soldos”. Unha afirmación da que asegurou ter probas e que xa ten resposta por parte de Sandra Vilela que asegura que presentará unha demanda no xulgado contra o alcalde por isto.

Con respecto ao BNG de Mercedes Barrientos, Toba recorda que ela non foi a candidata nas municipais e que dende que se puxo ao fronte da formación negouse sempre a negociar cos socialistas, mentres que publicamente pedía diálogo. Insiste en que por coherencia o BNG debe expulsar do partido á concelleira.

Segundo Iago Toba, detrás desta moción están o exalcalde socialista Félix Porto e un construtor. Asegura que foron eles os que crearon o partido Independentes por Muxía debido a que Toba se negaba a seguir firmando obras e documentos con esa empresa, tal e como facía o anterior goberno. Continua Toba dicindo que o líder dos independentes non manda nada e son o exalcalde e o contrutor os “brazos executores”.

Iago Toba, que foi concelleiro do goberno de Félix Porto, asegura que durante ese tempo non coñecía esas prácticas e por iso foi o candidato.

Na entrevista o actual alcalde muxiá reitera que ofreceu aos 3 partidos da oposición negociar os orzamentos e as obras do POS, unha afirmación que dende as tres formacións negaron nos últimos días, e acusa á voceira do PP de ocultarlle aos seus propios compañeiros de partido que esas reunións eran abertas a tódolos concelleiros e non só para os voceiros dos grupos.

Recoñece Toba que os plenos foron excesivamente tensos e broncos, pero matiza que non foi o único culpable diso, asume a súa responsabilidade como encargado de dirixir os plenos, pero insiste que non é un motivo de peso para presentar unha moción de censura.

O socialista reta ás tres forzas que impulsaron a moción a que fagan públicos os detalles do acordo e que digan como será o goberno. Insiste en que se non o din de forma inmediata é porque teñen cousas que agochar.

O alcalde afirma estar seguro de que a moción sairá adiante, confirma que seguirá na oposición e que volverá a presentarse como candidato do PSOE.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00