Vermú con SER
Sociedad

O antropólogo Rafa Quintía publica o Diccionario de Amuletos Galegos

Diccionario de Amuletos Galegos. Unha nova publicicación do antropólogo Rafa Quintía que nos sirve para afondar na tradición galega neste tempo de magostos

Vermú con SER - Rafa Quintía: Diccionario de Amuletos Galegos (10/11/2024)

Vermú con SER - Rafa Quintía: Diccionario de Amuletos Galegos (10/11/2024)

23:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1731313341772/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Os amuletos. Son obxectos que favorecen o ben ou a riqueza, para protexer, para afastar o mal ou para curar. Dependendo da súa orixe pode haber unha distinción entre amuleto e talismán. Existen en todas as culturas humanas dende a prehistoria. Cada cultura foi adaptando e buscando solucións a temores ou medos de xeito diferente, ainda que acaban sendo semellantes.

Son ferramentas que sirven para curar enfermidades ou males con carácter sobrenatural. Segundo sexa a fonte dese mal, pódese falar de diferentes síndromes . E así fálase de meigallo, taranganallo,o mal de aire, o mal de sombra….Doenzas propias da cultura galega que entroncan cun mundo sobrenatural no que está presente a menciña natural i estes obxectos de poder: os amuletos.

Mediciña Popular

Curandeiros e curandeiras. Os practicantes da mediciña popular ou etnomediciña. Todas as culturas teñen os seus propios sistemas médicos e Galicia non se queda atrás, entrando así no os Curandeiros,Menciñeiros, Meigas, Compoñedores,Levantadores de Paletilla…Incluso os Adiviños.Todos empregaban amuletos ou como dicía Vicente Risco “ Obxectos piadosos”. Obxectos que representan o poder de Deus,dos Santos, da Virxen. Por iso empregaban nos seus ritos figuras como cruces, escapularios….E xa de xeito curativo, aparecen a Pezoña, O Alicornio….Moi extendidos para curar males da pel.

Na mediciña popular triunfan aqueles con base científica ( botámica, prantas…) .Os compoñedores coñecen a composición do aparato musculo-esquelético. E outras veces, curan a traveso do que en antropoloxía se chama eficacia simbólica. Doenzas culturais, síndromes específicamente culturais ( mal de ollo, por exemplo ) nos que se comparte un sistema de significados culturais que poden chegar a curar.

Non hai nada máis racional que buscar unha solución, unha curación ós problemas. Son tradicións e crenzas froito do intento da razón do ser humano por solucionar os seus problemas de enfermidades ,temores, medos, máis alá da morte . Non se rixen polas leis de “efecto-causa” coma a ciencia, pero teñen outros sistemas, asegura o antropólogo Rafa Quintía.

Hoxe en día hai incluso amuletos de outras culturas que se poden conseguir por internet, que non fan daño, pero que se consideran protectores. Neste ciclo de Defuntos un dos amuletos máis característicos da cultura galega é a Castaña.

  • Castaña tradicional. Os magostos son ritos de carácter funerario. A castaña representa a rexeneración e o nacemento. Pero na cultura galega, a castaña é considerada o lugar onde se refuxan as almas cando chega o inverno. Por iso neste tempo comemos castañas cocidas, para axudar a liberar as almas do purgatorio. Cando facemos magostos, sempre hai que deixar algunha sen cortar para que estoupe .Cando estoupa unha castaña, é un alma liberada.
  • Castaña das bruxas de Indias. Castañas da boa sorte. Non se come. É dos amuletos galegos máis típicos que protexe das bruxas e do mal de ollo.

Os Cornos de Vacaloura, A Figa de Acibeche e a Castaña son dos amuletos máis típicos de Galicia.

Entre as pedras máis extendidas como amuletos está a Pedra da Pezoña….

Así nos ilustrou no Vermú deste domingo o antropólogo pontevedrés Rafa Quintía.Seguindo algún dos amuletos que aparacen na súa nova publicación Diccionario de Amuletos Galegos

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00