Dimiten dous dos catro concelleiros do BNG de Corcubión
A renuncia farase efectiva no pleno do vindeiro martes


Haberá cambios na formación do goberno de Corcubión logo de que Lois Lado e María Bella, dous dos catro concelleiros que ten a formación nacionalista anunciasen que renuncian ao seu cargo por motivos persoais. Lois Lado é un dos históricos da formación facendo durante anos de voceiro do grupo municipal e actualmente ocupa o cargo de concelleiro de promoción económica, obras e servizos e persoal, pola súa banda, María Bella estreouse como concelleira nesta lexislatura, é a responsable das áreas de cultura, benestar, igualdade e muller no actual goberno.
A renuncia farase efectiva no pleno que se celebrará o vindeiro martes e no que tamén se votará o POS+ 2025.
O BNG recuperou o goberno de Corcubión nas pasadas eleccións municipais logrando catro concelleiros, a un da maioría absoluta.