Zas incrementa as horas en dependencia e investirá un millón e medio no 2025
O goberno prepara o orzamento deste ano que inclúe tamén a renovación do céspede do Platas Reinoso
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Pleno Aberto xo alcalde de Zas Lolo Muíño (02/04/2025)
O alcalde de Zas Lolo Muíño pasou polo Pleno Aberto de Radio Nordés para analizar a actualidade municipal. O rexedor asegurou que seguirán traballando para evitar a declaración de zona vulnerable a contaminación por nitrato. Asegurou que as analíticas feitas polo propio concello deron como resultado datos moi por debaixo do límite permitido. Asegurou non entender porque está Zas nesa lista e non Vimianzo, cando parte das mostras recollidas para as analíticas do Ministerio foron na marxe esquerda do río. Pídelle ao Goberno do Estado celeridade na resposta a esta cuestión que está causando un prexuízo á economía local.
O concello de Zas perdeu en 25 anos ao redor dun 20% de poboación, Muíño culpa á Xunta e Goberno central de non ter políticas serias para favorecer ao rural e asegura que os concellos non teñen competencias para reverter esta situación.
O alcalde falou tamén dos problemas de acceso á vivenda, enmarcouno nunha problemática xeralizada contra a que tampouco poden facer moito os concellos.
Respecto ao orzamento para este ano, que levará a pleno en breve, Muíño destaca o esforzo importante que está facendo o seu goberno en materia de dependencia. Calcula que chegarán ás 63.000 horas cun investimento de millón e medio de Euros, cifra superior a outros concellos da zona con máis habitantes. No orzamento tamén se contempla a substitución do céspede do Platas Reinoso ou o plan parcial do parque tecnolóxico. Respecto a esta infraestrutura, Lolo asegurou que van integrarse na asociación de parques científicos e tecnolóxicos de España para ir ir adiantando traballo para encher o parque unha vez que sexa unha realidade, recordou que é un proxecto a longo prazo que non estará neste mandato.
O rexedor fixo fincapé no traballo que se está facendo no xacemento romano de Brandomil e espera poder abrir unha oficina de turismo este verán na localidade.
Por último recordou a obra de mellora de eficiencia enerxética que van realizar na escola infantil.