'Con Voz de Muller' regresa a Compostela
O foro organizado por Radio Galicia Cadena SER volta a revisar o papel da muller no pasado presente e futuro


Radio Galicia Cadena SER organiza unha nova edición de 'Con Voz de Muller', un foro no que debater e analizar sobre o papel da muller en diferentes ámbitos. O foro celebrarase en Santiago de Compostela, o próximo 22 de abril, ás 18.00h no Teatro Principal, e estará moderado pola xornalista da Cadena SER, Aida Bao.
Trala inauguración de la alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, habrá tres mesas de debate. Na primeira, “¿Quen coida a quen coida?”, analizaremos o papel fundamental das mulleres no sector dos coidados, un sector que en moitas ocasións, está moi precarizado. Abordaremos a necesidade de impulsar unha maternidade/paternidade consciente e iniciativas como a que impulsa o CIM de Boqueixón, con medidas dirixidas o apoio e coidado das persoas coidadoras.
Nunha segunda mesa “Referentes que abren camino”, profesions de prestixio nos seus ámbitos como a escritora Ledicia Costas ou a cantante Uxía Senlle, entre outras, explicarán as suas experiencias nas suas traxectorias profesionais.
A xornada contará ademais coa charla ‘Mulleres que marcan opinión’, na que as periodistas Ana Fuentes e Ana Pardo de Vera, compartirán reflexions xunto a Aida Bao.
As invitaciones están xa dispoñibles en Evenbrite, onde podes descargalas de xeito gratuito.