Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Evacuados ao hospital comarcal os tres feridos nun accidente de tráfico en Dumbría

A avaría dun camión en Vimianzo obriga ao corte dun carril da C-552 mentres se espera a chegada dun guindastre

Pouco antes das 10 da mañá deste martes produciuse un choque entre dous vehículos no cruce de Dumbría na C-552. Foi precisa a actuación dos bombeiros de Cee para excarcerar ás condutoras de ambos coches que quedaron atrapadas. Foron evacuadas en ambulancia ao hospital de Cee polo persoal do 061 onde tamén se trasladou a outro dos ocupantes dun dos coches.

Todo indica que a colisión produciuse cando un dos vehículos se incorporou á C-552 cando o segundo vehículo circulaba en dirección á Coruña.

Ata o lugar trasladáronse membros da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Cee e Protección Civil de Dumbría. O tráfico foi lente na zona ao longo da mañá debido ao peche dun dos carrís mentres se procedeu á excarceración dos feridos e á limpeza da estrada.

Sen helicóptero do 061 dende finais de marzo

Xusto nunha das épocas de maior número de desprazamentos por estrada e accidentes, o helicóptero do 061 de Santiago, que da cobertura á Costa da Morte, non está en funcionamento dende o 28 de marzo.

Camión avariado en Vimianzo

Pouco antes das dez da mañá, un camión de grandes dimensións avariábase ao seu paso por Vimianzo provocando o corte dun carril da travesía principal da localidade e causando tráfico denso e retencións puntuais mentres se espera a chagada dun guindastre para a retirada do vehículo.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir