Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Estas son as citas máis relevantes da Semana Santa na Costa da Morte

Á Mostra de Encaixe de Camariñas e os actos relixiosos de Fisterra súmanse dende hai anos outras citas moi atractivas como Víndemo Ver en Carnota ou a exaltación do congro en Muxía

Un ano máis a Mostra de Encaixe convertese no gran atractivo da Costa da Morte na Semana Santa, dende o mércores ao domingo Camariñas ofrece un amplísimo menú de actividades relacionadas coa artesanía do palillo co encontro de encaixeiras ou os desfiles de noveis e grandes deseñadores, ArtEncaixe, PequeEncaixe. Cada ano a Mostra suma máis actividades paralelas que enchen de contido o evento, como os concertos de Fillas de Cassandra o mércores, Soledad Vidal o xoves, Ricío Caamaño o venres ou Budiño o domingo. Haberá tamén un encontro de Corais e non faltará o humor de David amor , nin as presentacións literarias. A todo isto hai que engadirlle a oferta gastronómica dos postos gourmet e as food trucks.

Carnota celegbra a XII feira “Víndemo Ver” un evento que aúna feira de artesanía, con música e deporte. Dende o xoves ao domingo a Praza de San Gregorio acollerá unha ampla variedade de produtos da horta, ecolóxicos e de proximidade, xunto cun amplo abano de postos de artesanía e postos de comida.

Este ano a temática da mostra será o Mar de Ardora, sobre este curiose fenómeno da natureza haberá o xoves unha mesa redonda con diversos expertos.

Víndemo Ver complétase cos concertos de 9Louro ou Xurxo Fernández entre outros artistas. Tamén o deportes terá protagonismo con andainas e ruta BTT.

Muxía aposta un ano máis pola oferta gastronómica co Festa do Congro, o venres dende a unha da tarde no porto muxiá haberá degustación deste peixe típico da localidade en diferentes preparacións e a partir das dez da noite concertos de Catuxa Salóm e Os Bugis. A Gastronomía seguirá sendo o atractivo o sábado con degustación de mexillóns a partir da unha da tarde, rematando a partir das oito con Cantos de Taberna.

Na parte relixiosa, os actos que atraen a un maior número de fieis son os da Semana Santa de Fisterra. O xoves destaca a representación da última cea e o lavatorio de pés, logo a procesión do Paso d Oración acompañada pola banda Desiderio Paz. O Venres Santo ao medio día o Vía Crucis e o Santo Encontro no que participarán as bandas de Santa Cruz de Rivadulla e Arca-O Pino, a partir das oito das tarde o Desencravo de Xesús e a Procesión do Santo Enterro, a que maior fervor da Semana Santa Fisterrá e que contará co acompañamento das tres bandas de música. O Domingo é o gran día na Vila do Cristo coa representación da Resurrección ao mediodía.

Xa a partir do sábado noite a fe relixiosa mistúrase coas festa do Santo Cristo que contarán con orquestras como a Panorama e a Disco Móvil Full.

Outra localidade que vive de xeito especial estes días é Corme, entre os actos relixiosos destes días, destaca a celebración da Pasión do Señor do Venres Santo, haberá procesión con representación de pasos escenificados pola xente do pobo, estarán acompañados pola banda Nuestra Señora del Nordés de Ferrol.

A oferta da Semana Santa complétase con outras propostas como a exposición da Casa das Peritas en Mallas, Fisterra. Baixo o título Corpos, poderán verse obras de Borja Insua, Gozo, Inés silvalde, Llou Insidias e Óscar Aldonza. O mércores contarán con representación de Titeres Alakrán e o sábado concerto de Marián.

Nas Torres do Allo ademais de visitas guiadas ou o xogo de pistas que ofertan tódolos días, o sábado convidan a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos ao obradoiro “Trasgos de Terra” para conmemorar o Día do Planeta.

Carlos Blanco estará en Cee, na casa da Cultura, o sábado a partir das oito e media co seu espectáculo A Penúltima.

Sempre é interesante achegarse ao Castelo de Viminazo, pero as Visitas Teatralizadas do Quinquilláns fan a visita moito máis especial, poderán verse de xoves a domingo en diferentes horarios. O Concello vimiancés ofrece taén visitas guiadas ao Castelo, os Batáns do Mosquetín, o porto de Cereixo ou o Castro das Barreiras.

Outras propostas sempre interesantes poden ser dar unha volta polo Faro Vilán, a sala dos Naufraxios de Camelle ou o Ecomuseo Forno do Forte en Buño, onde o sábado contarán con actuación de Quico Cadaval. Malpica celebra a festa da Xuventude o Xoves Santo e Laxe celebra verbena o sábado noite

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir