Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Costa da Morte recupera o pulso tras unha apagada histórica

O fluido eléctrico foise recuperando ao longo da madrugada. Compras ás carreiras, ringleiras na procura de combustible e denuncia de funcionamento defectuoso dos xeradores dos PACs

Gasolineira en Cee con deceas de coches agardando para repostar

Gasolineira en Cee con deceas de coches agardando para repostar

A Coruña

Recuperouse a normalidade na Costa da Morte logo de que se repuxese o subministro eléctrico de xeito paulatino nas últimas horas. Carballo foi o primeiro concello no que regresou a luz cando pasaba da unha da mañá. Noutros concellos como Cee, Corcubión, Dumbría, Muxía ou Vimianzo foi entre 3.30 e 4.30 e no resto xa pasadas as 7 da mañá. Carnota tivo que agardar ás oito da mañán para poder recuperar o fluzo eléctrico. A primeira hora a ausencia de enerxía era xa algo moi puntual. En canto a internet e telefonía, recupérase unha relativa normalidade, pero por momentos segue dando algún problema. Nalgúns concellos experimentáronse dificultades para conectar coa rede da Deputación da Coruña inda que foron solucionándose co paso das horas.

Auga e xeradores

Unha das grandes preocupacións nos concellos era garantir o subministro de auga, Augas de Corcubión precisou do aluguer dun xerador para manter a captación no encoro de Sta Uxía para manter o abastecmento no sur da bisbarra. En Carballo están utilizando de momento só a captación do Bardoso, tamén ata primeira hora grazas a un xerador. Noutros concellos sí houbo algúns problemas puntuais coma é o caso de Camariñas onde coa primeira luz do día reconectaban o suministro da zona de Pión, Mourín e Cotro, xa que o depósito tiña autonomía para aguantar 12 horas sen enerxía.

Os xeradores foron un dos obxectos máis cobizados no día de onte e que axiña desapreceron das tendas. Nas explotacións gandeiras foi precisa tamén a utilización e alugueiro de xeradores para manter o muxido e a cadea de frío. José Manuel Fernández, gandeiro, declaraba nos micrófonos de Radio Nordés que "moita xente pasouno moi mal ao non poder muxir, enfriar o leite, os silos do penso están conectados a corrente e non podes sacar penso para darlle de comer ás vacas". Empresas que posúen placas solares non puideron manter a actividade pese a ter instalada esa teconoloxía.

Centros Sanitarios

No Hospital mantívose a actividade grazas aos grupos electróxenos autónomos. Alí acolleron a todos aqueles que precisaban conectar respiradores coma o caso de María Jesús Martínez. "Habilitaron unha zona para iso e levei ao meu home" contaba no Vivindo a Costa da Morte mentres explicaba os probelmas para poder extablecer comunicacións debido a caída da rede. A este tema tamén se referiu Roberto Guillán, do servizo de ambulancias de CC.OO. "A coordinación a través da central foi polos equipos portátiles pero acabaron caendo. Enviáronse as ambulancias aos PACs, que estaban sen comunicación, e a comunicación foi polas emisoras". Guillán denuncia o funcionamento defectuoso dos xeradores deses PACs. "Non funcionaron os xeradores tanto no PAC de Cee, como Vimianzo e Carballo. Neste último funcionou dúas horas só e or iso se derivou á xente que precisaba respiradores ao Hospital".

Negocios

En algúns establecementos os donos víronse obrigados a facer noite dentro dos negocios, coma é o caso de Congelados Oso Polar, onde mantiveron todo o stock de conxelados grazas á instalación de dous xeradores.

Educación

Non houbo actividade lectiva nos colexios, onde foron poucos os que non recibiron o aviso da suspensión das clases.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir