O paro baixa na Costa da Morte en 173 persoas no mes de abril
O desemprego descende en 14 dos 17 concellos da zona quedando a cifra total en 4.305 parados

Buena Vista Images

O paro rexistrado en abril na Costa da Morte amosa un descenso de 173 persoas. A reducción do desemprego foi xeneralizada na comarca descendendo en 14 dos 17 concellos.
Destaca a baixada do paro en Camariñas e A Laracha con 28 parados menos, Carballo con 25 ou Cee con 24.
Os únicos concellos onde sube o paro son Vimianzo, que suma dous e Dumbría onde se incremente en un o desemprego. En Muxía a cifra quedou igual que o mes anterior.
O mes de abril rematou con 4.307 persoas apuntadas na lista do paro, 511 menos que en abril de 2024.
Concello | Parados | Variación |
---|---|---|
Cabana de Bergantiños | 127 | -4 |
Carballo | 1.555 | -25 |
Coristanco | 246 | -6 |
Laxe | 110 | -4 |
A Laracha | 340 | -28 |
Malpica | 209 | -11 |
Ponteceso | 157 | -7 |
Cee | 316 | -24 |
Corcubión | 71 | -7 |
Dumbría | 131 | +1 |
Fisterra | 171 | -13 |
Muxía | 137 | 0 |
Carnota | 151 | -3 |
Camariñas | 209 | -28 |
Vimianzo | 194 | +2 |
Zas | 112 | -13 |
Total | 4.305 | -173 |