Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Xosé Manuel Varela: "A academia pode optar por facer unhas Letras sen conexión social ou por Labarta, que si a ten"

Baio homenaxeou a Labarta Pose no centenario do seu pasamento inaugurando un monumento entre outras actividades nas que participaron uns 200 escolares

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Vivindo A Costa da Morte.

00:00:0001:19:53
Descargar

Enrique Labarta Pose faleceu aos 61 anos o 13 de maio de 1925no Hospital Clínico de Barcelona a causa das feridas sufridas días antes no descarrilamento do ferrocarril de Las Planas.

Aproveitando a efeméride o concello de Zas elaborou un programa de actividades ao redor da figura de Labarta Pose co que se pretende darlle difusión á vida e obra do autor e lograr que teña o seu propio Día das Letras Galegas.

O acto, no que participou o alumnado do dos centros escolares do concello, empezou ás 11 da mañá deste martes na Praza Jorge Mira descubrindo un monumento conmemorativo, houbo tamén un acto simbólico de enterramento xunto cunha ofrenda floral e deuse lectura ao seu poema “Que me enterren aló”.

Ademais do alumnado, participaron na homenaxe os membros da Comisión Labarta Pose, que traballa para lograr que se lle dedique o día das Letras Galegas; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega; Concha Losada, Presidenta do Museo do Pobo Galego; Manolo González, membro numerario da RAG e María Dolores Palomino, membro da Executiva da RAG.

Radio Nordés sumouse a esta xornada de homenaxe realizando en dircto dende a Praza Jorge Mira o programa Vivindo a Costa da Morte presentado por Fran Hermida. Nel púidose escoitar a Alejandra, alumna do Colexio Labarta Pose recitando o poema “Que me enterren aló”, falou tamén o alcalde de Zas Lolo Muíño que fixo un repaso polas actividades que está realizando o concello neste ano do centenario. Muíño amosouse convencido de que no 2026 o Día das Letras será para o Labara. Na mesma liña falou un dos grandes espertos na figura do escritor, Xosé Manuel Varela, quen asegurou “"A academia pode optar por facer unhas Letras sen conexión social ou Labarta, que si a ten", Xunto a Varela, falou Chema Rey, membro da Comisión Labarta, quen destacou a calidade da obra do autor homenaxeado. Tamén participou no programa Manuel García, membro da RAG, que aproveitou a ocasión par destacar o polifacético que foi nos seus traballos o escritor baiés ao longo da súa carreira como escritor ou ilustrador, entre outras facetas. Pola súa banda Ricardo Vigueret anunciou que o grupo de Teatro Badius prepara varios proxectos relacionados co autor e que verán a luz en breve.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir