Detidos dous Fisterráns como presuntos autores de numerosos roubos na comarca de Fisterra
Ambos quedaron en liberdade en calidade de investigados logo de declarar no xulgado de Corcubión que decretou o segredo de sumario

Un agente de la Guardia Civil / Guardia Civil

En localidades como Corcubión, Fisterra ou Cee están sufrindo un incremento de roubos en coches e vivendas dende hai meses. Este mércores axentes da Garda Civil de Corcubión detiveron a dous homes, veciños de Sardiñeiro, como presuntos autores de boa parte deses delitos. Trátase de vellos coñecidos da benemérita con antecedentes.
Corcubión está sendo a localidade máis afectada por este tipo de furtos nas últimas semanas, o malestar e a petición de que se incremente a vixilancia e o número de efectivos da Garda Civil é constante dada a situación de inseguridade na que se sinte a veciñanza. Precisamente foron os datos aportados polas denuncias dos afectados os que puxeron aos axentes na pista que dou cos dous detidos.
Os investigados foron postos a disposición xudicial do xulgado de Corcubión que decretou o segredo de sumario. Este xoves, logo da toma de declaracións quedaron en liberdade en calidade de investigados. A operación segue aberta e non se descartan máis destencións.