O PortAmérica agarda a máis de 20.000 personas diarias, 30 chefs de recoñecido prestixio e artistas como Melendi, Izal ou Love of Lesbian
A edición de este ano conta con máis aforo e aínda quedan á venda abonos para o sábado


O pequeno municipio pontevedrés de Portas, con 2.700 habitantes, multiplicará a súa poboación durante tres días con motivo da celebración do festival PortAmérica. Agárdanse máis de 20.000 personas diarias nun festival para o que aínda hai abonos a venda. Esta mañan, mentras operarios da Deputación e do Concello arrombaban beirarrúas, estradas e hortas para convertelas en aparcadoiros, no interior do recinto a organización supervisou a montaxe do evento. Música, gastronomía e comunidade son os eixos sobre os que pivota o festival que, para a súa décimo terceira edición, promete unha experiencia única onde os sons e os sabores de ambos os dous lados do Atlántico volven a encontrarse, para celebrar, unha vez máis, a riqueza dos lazos entre España e Iberoamérica.
No cartel musical destaca a presenza de grandes referentes nacionais. Melendi, un dos artistas máis queridos e exitosos do panorama español, encabeza esta edición co seu característico estilo próximo e enerxético. Mikel Izal, tras iniciar a súa carreira en solitario, achegará a calidade e profundidade que o converteron nun dos nomes máis representativos do indie español. Ademais, suma bandas de renome como Love of Lesbian, iconos do pop-rock alternativo no noso país, e o fenómeno argentino Ca7riel & Paco Amoroso, que promete revolucionar o escenario coa súa proposta innovadora e desenfadada. A enerxía e os himnos de Viva Suecia tamén se farán sentir, consolidándoos como referentes indiscutibles do indie nacional. A frescura urbana chegará de man do madrileño Recycled J, pioneiro do novo son pop-rap en español.
Pola súa parte, a mítica banda Duncan Dhu poñerá o toque nostálxico co seu impecable legado no rock español, celebrando ademais o seu 40 aniversario sobre os escenarios. O festival aposta, tamén, por unha notable representación doutros talentos destacados na escena musical: a banda de moda, Alcalá Norte, o coruñés que está revolucionando a escena alternativa nacional, Carlos Ares, ou os vibrantes La La Love You.
A lista complétase con artistas como Merino, Marisa Valle Roso, a banda uruguaya No Te Va Gustar, Sidonie, Siloé e Travis Birds. A estes súmanse os toledanos Veintiuno e, tamén, Javier Lekker, Marina Dirosso e Diego Lara, en colaboración cos Estudos Mans, que reforzan unha programación ecléctica e diversa.
Referentes da gastronomía
O Festival PortAmérica volve reunir a toda unha constelación de estrelas culinarias, lideradas, unha vez máis, polo galego Pepe Solla. Entre os chefs de prestixio internacional que visitarán Portas se dan cita nomes como Jordi Roca, Iván Cerdeño, Begoña Rodrigo, Maca de Castro e Vasco Coelho Santos, entre outros, cunha oferta culinaria que, como cada ano, poñerá o sabor máis exquisito e creativo a esta experiencia única no ShowRocking. A eles súmanse outros grandes referentes como Albert Adrià, Alberto Lareo, Alén Tarrío, Álex Magurán, Dani Carnero, Gonzalo Pose, e Carito Lourenço, entre outros nun cartel gastronómico cheo de talento. Así, o espazo ShowRocking acollerá un total de máis de 30 chefs, con 18 Estrelas Michelin, 2 Estrelas Verdes e 2 Bib Gourmand, consolidando a PortAmérica como un punto de encontro único entre a música e a alta cociña.
O verán promete ser “histórico” en Galicia
Na presentación do PortAmérica o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, foi preguntado polas previsións que se manexan para este verán. O mércores desmenuzará estes datos pero hoxe veu a confirmar que estamos “ante un novo verán de récord en Galicia, particularmente en Rías Baixas, onde a comarca de Pontevedra e O Salnés seguirán recibindo a un maior número de turistas”. “O verán será espectacular” dixo Merelles ao recoñecer que durante os primeiros meses do ano, “o ritmo de visitantes está a crecer a un 5 %” e iso fai prever este verán uns datos de ocupación altos.