Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Do folk ao neotradi: o estilo evolucionado de De Ninghures

O grupo galego De Ninghures será o encargado de abrir o Atlantic Pride este domingo na Praza de Pontevedra. A banda chega a A Coruña en plena xira do seu último disco, “Feira”, cun directo que promete diversión, baile e moito suor

Manuel Cataqui, integrante de De Ninghures

Manuel Cataqui, integrante de De Ninghures

00:00:0014:49
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

En Hoy por Hoy A Coruña, presentado por Marcos Sanluis e Leila Fernández, conversamos con Manuel Cataqui, integrante de De Ninghures, poucas horas antes da súa actuación no Atlantic Pride. A banda, que define o seu espectáculo como “unha feira literal”, está a vivir un verán cheo de concertos por toda Galicia.

“Xa somos moitos no escenario e pasámolo tan ben que é feira asegurada tanto enriba como abaixo”, explicaba Cataqui.

Estrea no Atlantic Pride con artistas de renome

De Ninghures actuará o domingo ás 21:30h na Praza de Pontevedra, abrindo así a sexta edición do Atlantic Pride, un festival que xa está consolidado como un dos eventos referencia da diversidade en Galicia. Este ano comparten cartel con artistas como Edurne, Merche ou Jut Line, algo que o grupo asume con ilusión e orgullo.

“É incrible compartir escenario con artistas que escoitabamos de pequenos. Notamos que é un verán moi especial para nós”, recoñece Cataqui.

Música de raíz cun toque contemporáneo

A proposta musical de De Ninghures bebe das fontes tradicionais galegas, pero adaptadas aos sons actuais. No seu último disco, “Feira”, incorporan elementos electrónicos e estruturas máis pop, afastándose do folk máis clásico do seu primeiro álbum.

“Intentamos facer música para bailar, mesturando ritmos tradicionais con electrónica, pop e o que nos vai pedindo o corpo”, apunta o músico.

O grupo recoñece sentirse cómodo dentro da etiqueta “neotradi”, que engloba a artistas que renovan a música tradicional sen perder as súas raíces.

Festivais vs concertos en salas

Aínda que gozan da enerxía dos festivais, como o Atlantic Pride, desde De Ninghures valoran tamén os concertos en salas máis pequenas, onde o público vai especificamente para velos.

“Nos festivais sempre hai menos tempo e menos espazo para probar, pero permítenche chegar a xente que nunca escoitou falar de ti. Iso tamén é un reto bonito”, asegura Cataqui.

Un proxecto artístico coidado ata o mínimo detalle

A banda destaca tamén polo coidado da súa imaxe e dos seus videoclips. Contaron coa dirección de Lorenzo Negueruela, a dirección de arte de Melania Freire e Lara Caeiro, e estilismo a cargo de Anxo e Carlos. As fotografías promocionais foron realizadas por Arantxa Brandón.

Ademais, publicaron o seu traballo en formato vinilo, CD e cassette, apostando por unha estética retro que conecta coa súa identidade musical.

“O vinilo xa está totalmente recuperado. E o cassette é pura nostalxia. Nós aínda lembramos as cintas nos coches dos nosos pais”, comentan entre risas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir