Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Colexio de Xornalistas lanza unha publicación cos testemuños de 13 mulleres referentes do xornalismo galego

Unha obra coral que rende homenaxe ás voces desas mulleres pioneiras no sector dos medios de comunicación

Eliana Martíns, coodinadora de As mulleres no xornalismo galego, a crónica revelada

Eliana Martíns, coodinadora de As mulleres no xornalismo galego, a crónica revelada

00:00:0009:15
Descargar

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

A Coruña

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vén de lanzar As mulleres no xornalismo galego: A crónica revelada, unha publicación que recolle os testemuños de 13 mulleres referentes do xornalismo na Comunidade, que recoñecen que “aínda que sabían que había unha historia, non sabían que formaban parte dela”.

Unha obra coral que rende homenaxe ás voces desas mulleres pioneiras no sector dos medios de comunicación. O CPXG presentou este venres o proxecto, que entrevista unha serie de mulleres “pouco coñecidas”, mais “sen as que non se pode contar a historia do xornalismo galego”.

Tal e como explicou a decana da institución, Belén Regueira, a publicación aborda o estado da profesión, a crise de credibilidade, a precariedade laboral, a relación coas fontes, as áreas xornalísticas, pero tamén aspectos como a conciliación —ou a súa “imposibilidade”—, a ollada patriarcal nos medios, o acoso sexual e o síndrome da impostora.

Ante a presenza dalgunhas das entrevistadas, a coordinadora do libro, Eliana Martíns, explicou que, aínda que no Colexio de Xornalistas a igualdade de xénero era “unha preocupación”, concibíase a nivel “puramente informativo” e a través de aspectos como o tratamento da violencia machista. “Faltábanos falar de nós mesmas, de como foi entrar nas redaccións”, asegurou.

A publicación —que combina investigación histórica, entrevistas e fotografía— aborda o período comprendido entre os anos 70 e 80, cando as entrevistadas comezaron a súa traxectoria, unha época na que a presenza feminina nos medios era escasa. Xa nos anos 2000, nas facultades de comunicación “só un 30 % eran mulleres”, unha cifra que non era “nada estraña”.

Neste sentido, a obra convértese tamén nun exercicio de xustiza simbólica e xeracional, ao recoller a traxectoria de referentes como Begoña Caamaño —recientemente anunciada como autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026— ou Luísa Villalta, que dá nome aos premios que fixeron posible este traballo. A conexión entre pasado, presente e futuro é un dos eixos do libro, que busca tanto conservar como inspirar: “Este proxecto é unha memoria para o futuro”, subliñou Martíns durante a súa intervención.

Maior recoñecemento

Así mesmo, hai espazo para a reflexión sobre a situación actual da profesión. Aínda que existe coincidencia na diagnose da crise que envolve o xornalismo contemporáneo —pola desinformación, os cuestionamentos á profesión e a precariedade—, tamén valoran que existe un maior “recoñecemento ás novas xeracións de mulleres, que son moito máis conscientes dos dereitos aos que as veteranas renunciaron”.

“Por exemplo, se pedías conciliación moitas veces era inviable; hoxe en día si que hai moita máis responsabilidade, e tamén se están beneficiando os compañeiros homes desas medidas”, destacou a directora do proxecto.

Pola súa banda, unha das xornalistas entrevistadas, María Xosé Porteiro, afirmou que “mirar atrás con perspectiva crítica debe servir como estímulo”, porque é certo que hai unha historia, aínda que, admitiu, “non sabían que formaban parte dela”. Iso si, agora reivindica que “si que o son”.

“Os xornalistas vemos o que pasa fóra, o que nos pasa a nós nunca é noticia. En medicina, a falta de memoria é unha doenza grave, mentres que na sociedade é algo moi habitual. Este proxecto é unha medicina que pode axudar a reparar esa memoria colectiva”, subliñou María Xosé Porteiro.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir