Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Ana Ortiz amosa o compromiso da Xunta coa comunidade peruana en Vigo

A delegada reafirmou a súa disposición para facilitar a incorporación ao mercado laboral de maneira regular e estable

Representantes da comunidade peruana e Ana Ortiz en Vigo

Representantes da comunidade peruana e Ana Ortiz en Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este venres na súa sede á xunta directiva da Comunidade Peruana en Galicia para coñecer de primeira man a situación deste colectivo na área de Vigo.

Durante o encontro, os representantes da asociación explicaron as diversas actividades que están a levar a cabo para dinamizar a comunidade e manter vivas as súas tradicións.

Ortiz, pola súa banda, amosou o compromiso da Xunta con este colectivo e aproveitou a xuntanza para ofrecerlles a súa colaboración.

Incorporación ao mercado laboral

Así mesmo, a delegada informou aos asistentes sobre as distintas opcións formativas que a Xunta pon á disposición de toda a cidadanía co obxectivo de facilitar a súa incorporación ao mercado laboral de maneira regular e estable.

A reunión rematou cunha valoración moi positiva por parte de ambas as dúas partes, que acordaron seguir mantendo un diálogo fluído. A Comunidade Peruana en Galicia busca, desta maneira, fortalecer lazos coas institucións galegas para poder atender mellor as necesidades dos seus membros e promover a súa integración plena na sociedade.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir