Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Xunta mantén a prealerta por escaseza de auga no río Grande, en Camariñas

A Oficina Técnica da Seca reforza o seguimento da situación en 19 concellos, entre eles Camariñas, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas, tamén decidiu manter a vixilancia especial no río Anllóns

A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos sistemas do río Grande, en Camariñas, tamén no río Lérez, en Pontevedra, segundo acordou a Oficina Técnica da Seca, presidida polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández.

Na conca do río Grande a medida afecta directamente a seis concellos da Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Laxe, Muxía, Vimianzo e Zas. Estes municipios deberán continuar co seguimento diario do consumo e adoptar medidas de aforro e sensibilización cidadá.

A Oficina Técnica da Seca tamén decidiu manter a vixilancia especial no río Anllóns e realizar un control máis exhaustivo no subsistema de Zamáns, tras detectar un descenso dos indicadores. En Baiona continúan medidas equivalentes ás de prealerta, aínda que sen declaración oficial.

Segundo Augas de Galicia, a situación responde ao descenso estival de caudais debido á falta de choiva, ás altas temperaturas e ao incremento de poboación nalgúns puntos costeiros. A pesar destas alertas localizadas, o conxunto da Demarcación Galicia-Costa permanece en normalidade, cun nivel medio dos encoros do 70,87%, un 5,19% inferior á media dos últimos cinco anos.

A Xunta fai un chamamento á colaboración veciñal e municipal para reducir consumos non esenciais, como o rego con auga potable, o enchido de piscinas ou o baldeo de rúas, e lembra que boas prácticas no fogar —como ducharse no canto de bañarse ou aproveitar as funcións eco dos electrodomésticos— contribúen a garantir a dispoñibilidade do recurso.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir