Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Marco de Vigo abre un laboratorio dos sentidos

Trátase dun curso para afondar na creación sinestésica

Una pancarta, que nadie sabe quien colgó, ironiza sobre el futuro incierto del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo / Nicolás Domínguez

Una pancarta, que nadie sabe quien colgó, ironiza sobre el futuro incierto del Museo de Arte Contemporáneo de Vigo

Vigo

A Universidade de Vigo e o Museo de Arte Contemporánea (MARCO) colaboran para traer un novo Curso de Extensión Universitaria, O Laboratorio dos Sentidos II, un seminario teórico-práctico dirixido a afondar na natureza sensorial do coñecemento e na sinestesia como ferramenta de creación. O obxectivo é explorar a conexión entre os sentidos e a arte, a través dun enfoque interdisciplinar que inclúe a pintura, a danza, a fotografía ou a arte sonora.

Unha viaxe por distintos procedementos creativos

O curso, coordinado e deseñado por Iria Vázquez López, conta tamén coa docencia de Marco Maril e Macarena Montesinos. Durante as sesións, o alumnado aprenderá diversas técnicas e dinámicas centradas en intensificar a conciencia corporal e sensorial para xerar propostas artísticas propias baseadas na interacción entre diferentes estímulos perceptivos.

O programa inclúe contidos variados, desde a historia dos sentidos e a súa xerarquización ata a análise de prácticas artísticas contemporáneas. Exploraranse as correspondencias entre as distintas artes, a representación gráfica do son, a creación de paisaxes sonoras e a composición a través do gusto e a imaxinación. O curso busca crear un espazo para a experimentación, a comprensión e o xogo dende a subxectividade de cada participante.

Datas, lugar e inscricións

O seminario desenvolverase no MARCO Espazo Anexo, do 17 de setembro ao 3 de outubro, en horario de 17.30 a 20.30 horas. As datas específicas son: 17, 18 e 19 de setembro; 23, 24, 25, 26 e 30 de setembro; 2 e 3 de outubro.

O curso está dirixido a estudantes, profesorado e público en xeral, con prazas limitadas a 20 participantes. A inscrición está aberta ata o 9 de setembro.

Ademais, os estudantes da UVigo que participen recibirán un diploma acreditativo de asistencia, válido para o recoñecemento de 1 crédito ECTS.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir