O Bergantiños mantén o soño da Copa
Eliminou na prórroga ao Marino de Luanco (4-2). Xogará nas Eiroas ante o Estradense nos oitavos.

cdnumancia

Carballo
O Bergantiños continúa soñando con volver a enfrontarse a un Primeira logo de eliminar ao Marino de Luanco (4-2) no tempo extra. Os carballeses necesitan superar dúas roldas máis para volver a ver a un equipo de Primeira División en As Eiroas. Na seguinte rolda o rival do Bergan será o Estradense, conxunto da Terceira Federación. O sorteo foi benigno cos de Carballo xa que quedaron emparellados co rival a priori máis feble. As outras dúas opcións, Zamora e Ourense, militan na Primeira Federación.
Os de Simón Lamas saltaron ao céspede con seis novidades respecto ao once de liga e levaron o mando do choque, inda que un gol xa no minuto 90 abocounos a desputar a prórroga. Adiantouse no marcador o Bergantiños, grazas a un pase filtrado por Iago Novo aca Ander Bark. O bergantiñán foi derrubado na área e a pena máxima converteuna en gol Isma Cerro. Non durou moito a ledicia porque aos cinco minutos Tomás igualaba o choque apra os asturianos.
Na segunda metade Fito, cun forte disparo dende fóra da área, adiantou de novo aos de Carballo, pero xa sobre o asubío final, Tomás remataba un centro ao segundo pao que abocaba o choque á prórroga.
No tempo extra apareceu Marru para, cun disparo dende a frontal, adiantar de novo ao Bergan cando xa se aproximaba o ecuador da prórroga. A sentenza levou a sinatura do ex do Fabril Darío Germil. Pouco despois Dailos vía o cartón vermella, deixaba aos visitantes cun home menos e o equipo astur capitulaba sobre o céspede das Eiroas.
O Bergantiños deberá avanzar dúas roldas máis nesta Copa Federación para poder entrar no Copa e enfrontarse a un equipo de Primeira División. O soño sigue intacto.
Aliñacións:
Bergantiños: Román; Adolfo (Peña, m.15; Marru, m.91), Fito, Keko (Diego, m.70), Amin; Meli (Rubal, m.70), Tass; Iago, Álex, Barck (Darío, m.80); Isma (Pastor, m.70).
Marino: Dennis; Borja Álvarez, Pedro Orfila, Tomás Valentín, Diego Díaz (Basurto, m.62), Óscar Fernández (Miguel Leyva, m.70), Lora (Villaldea, m.62), Chus Ruiz (Pelayo Pérez, m.62), Guaya (Dailos, m.90), Marcos Bravo, Dani Martínez.
Goles: 1-0, m.31: Isma, de penalti; 1-1, m.35: Tomás; 2-1, m.59: Fito; 2-2, m.90: Tomás; 3-2, m.101: Marru; 4-2, m.109: Darío.
Árbitro: Ángel Manso (Castela-León). Expulsou por dobre cartón marelo, ao visitante Dailos (m.112).
Amoestou a Diego, Amin e Iago, do Bergantiños e a Óscar Fernández, Marcos Bravo, Basurto, Borja Álvarez e Somolinos, do Marino de Luanco




