O balonmán en cadeira de rodas chega a Ponteceso


Ponteceso
O deporte inclusivo volve ser protagonista na Costa da Morte coa celebración do Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas, unha cita deportiva que se celebrará o sábado 25 no Pavillón Polideportivo de Corme.
O evento é organizado pola asociación Íntegro e a entidade Máis Porvir Xestión Social, contará coa participación dos equipos ICB Coruña e Inclusport, que se enfrontarán en dúas sesións. Ás seis da tarde enfrontaranse nun amigable e unha hora máis tarde faranno nun choque oficial A cita, promovida pola Federación Galega de Balonmán, A Federación Española de Balonmán eo Concello de Ponteceso, conta coa colaboración de Deporte Galego, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e varias empresas da contorna. Con eventos deste tipo, preténdese fomentar e dar visibilidade á práctica deportiva inclusiva, promovendo valores como a igualdade,o esforzo e o traballo en equipo. A entrada é de balde.




