Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

‘Medida por medida (La culpa es tuya)’, de Gabriel Chamé Buendía, gaña o Premio do Público no FIOT34

Péchase unha histórica con preto de 15.000 asistentes e un 100% de ocupación nos espectáculos de sala

O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo (FIOT) clausurou a súa 34ª edición o 31 de outubro cun balance histórico: preto de 15.000 asistentes, 44 espectáculos e máis de vinte actividades paralelas. O Programa de Sala acadou un 100% de ocupación e unha nota media de 4,39 sobre 5; o conxunto da programación, un 4,43. Participaron 2.073 votantes.

O Premio do Público recaeu en Medida por medida (La culpa es tuya), do arxentino Gabriel Chamé Buendía, cunha puntuación de 4,75 sobre 5, seguida de Yo solo quiero irme a Francia, de Contraproducións, protagonizada por María Galiana, con 4,63. O presidente de Telón e Aparte, Alberto Sueiro, destacou a madurez organizativa e o carácter transversal dun festival que cualificou como “o corazón do teatro en Galicia”.

Esta edición foi unha das máis participativas e exitosas da historia do FIOT, con máis de 7.000 espectadores nas funcións e unha ocupación media superior ao 90%. O ciclo OTNI, celebrado no Auditorio do Pazo da Cultura, tamén rexistrou unha elevada asistencia. O festival reforzou a súa dimensión social e educativa cunha vintena de actividades de mediación —obradoiros, exposicións, conversas ou lecturas dramatizadas— e desenvolveuse en 25 espazos distintos, desde o auditorio ata prazas, colexios ou a residencia de maiores, consolidando o seu modelo de teatro de proximidade e inclusión.

A accesibilidade estivo moi presente, con espectáculos en lingua de signos, prazas reservadas e accións específicas en colaboración coa Deputación da Coruña. Máis de trinta entidades e colectivos locais colaboraron na organización, incluíndo institucións culturais, centros educativos e asociacións da comarca. Tamén se destacou a participación de artistas locais como Noelia Paz ou María Barca, autora dos Premios do FIOT.

En canto ao espectáculo gañador, Medida por medida revisita a obra de Shakespeare dende o humor físico e o xogo escénico. Chamé Buendía aborda cuestións como o abuso de poder político e sexual e as tensións entre moral e responsabilidade, situando á muller no centro da trama.

Do 25 de setembro ao 31 de outubro, o FIOT programou 45 espectáculos —11 estreas absolutas e 11 galegas—, con compañías e artistas como Juan Diego Botto, María Galiana, Pont Flotant, Pistacatro ou Needcompany, procedentes de tres países e nove comunidades. O lema “Raíz viva, memoria colectiva” guiou unha edición que celebrou a identidade e a memoria como fundamentos do teatro.

Organizado pola Asociación Cultural Telón e Aparte co apoio do Concello de Carballo, o FIOT consolidouse como un dos grandes referentes culturais de Galicia. Trinta e catro anos despois da súa creación, continúa sendo un espazo de encontro, creación e impulso para as artes escénicas galegas.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir