Amplio operativo policial en Carballo tras un violento asalto a unha familia no que lorgaron un importante botín
Cinco encapuchados, armados con pistolas retiveron a varias persoas nun domicilio da Rúa Vázquez de Parga

Juan Moreno - Europa Press

Amplo despregue policial en Carballo tras o violento asalto sufrido pasadas as 9 da mañá por unha familia na céntrica rúa Vázquez de Parga. Cinco homes encapuchados, armados con pistolas retiveron a varias persoas nun domicilio situado nun quinto piso do número 34.
Os feitos producíronse cando o matrimonio de octoxenarios residente na vivenda baixaba a pasear e tomar o café matinal. Os asaltantes sorprenderon á parella no portal e obrigárona a subir de novo ao piso, onde os inmobilizaron con bridas, tapáronlles a cara e ameazáronos con armas de fogo, ademais de propinarlle varios golpes na cabeza e nas mans.
Minutos despois, a traballadora encargada da limpeza ao non conseguir acceder á vivenda alertou a un dos fillos do matrimonio. Este, xunto á súa muller, achegáronse ao lugar sendo tamén retidos polos atracadores.
Segundo as primeiras investigacións, o obxectivo da banda era acceder á caixa forte da vivenda, a Garda Civil confirma que os delincuentes lograron levar unha importante cantidade de cartos. Unha vez liberadas, as vítimas chamaron aos servizos de emerxencia.
Ata o lugar desprazáronse unidades da Garda Civil, Policía Local, ademais de numerosos veciños e achegados alarmados polo sucedido.
As vítimas recibiron asistencia médica, o matrimonio foi trasladado ao centro de saúde, e a muller derivada posteriormente a un hospital da Coruña.
A investigación está a cargo do equipo Territorial de Policía Xudicial da Garda Civil de Carballo.




