Deportes
CB breogan

O regreso que o Pazo merecía

O Cafés Candelas Breogán vence ao Movistar Estudiantes por 86-79

O CB Breogán trala súa primeira vitoria da Liga Endesa / CB Breogán

Lugo

Din que o bo faise esperar e así o constatamos en Lugo. Tras doce anos agardando o regreso dos nosos celestes ao máis alto do baloncesto, á ACB, o Pazo Universitario dos Deportes vibrou de novo co seu equipo e o seu xogo sobre o parqué. Tralo desafortunado problema cos videomarcadores, o pasado 30 de setembro, o CB Breogán estreouse en casa fronte o Movistar Estudantes coa súa primeira vitoria nesta Liga Endesa (86-79).

O partido arrancaba de cara ao Movistar Estudiantes, pois cun triple de Cook, os madrileños adiantábanse no marcador (4-7), pero os de Lezkano non se viñeron abaixo, mantiveron a calma até colocar o marcador en táboas (11-11) antes do final do primeiro cuarto. E dende aquí todo foi collendo forma para o CB Breogán.

Os madrileños estiveron desacertados, fora do partido, durante a segunda metade do primeiro cuarto, algo que os pupilos de Lezkano souberon aproveitar aumentado a distancia no marcador (21-11).O encontro estaba moi reñido e igualado. Antes de chegar ao descanso, o marcador non se inclinaba por ningún dos dous equipos dun xeito evidente. O Movistar Estudiantes adiantábase por momentos, pero rápido remontaban os celestes. Así foi como se chegou ao final dunha primeira parte moi dinámica e na que o Pazo comezaba a sufrir coma había moito tempo (44-41).

Quizais unha defensa algo branda e despistada foi o que máis prexudicou ao conxunto visitante que, pese a acadar unha escasa distancia cos locais, pronto a perderon no terceiro cuarto (59-50). Cara ao final, unha canastra de tres puntos deulle aos madrileño un empurrón que de novo poñía en apertos aos de Lezkano ( 65-63).

Chegaron os últimos minutos de partidoe pese a estar adiantados no marcador, o CB Breogán non atopaba a canastra. Os puntos non se movían e o tempo corría en contra. Cando os nervios eran xa máis que palpables en todo o Pazo apareceron Redivo e Herun para tranquilizar a eses dez mil ollos que estaban postos sobre a pista. Así, no último minuto de partido os celestes impuxeron unha brecha de oito puntos de diferenza. Dous tempos mortos en dous segundos pediu Berrocal, pero os de Lezkano pelexaron e selaron a súa vitoria atinando nos tiros libres do final regalándolle ao Pazo o regreso que merecía cunha vitoria por sete puntos (86-79)

O adestrador local, Natxo Lezkano, no remate do partido atendía aos medios de comunicación e recoñecía que "hemos cometido muchos errores por nervios, sobre todo cuando cogíamos cierta ventaja que no nos dejaba marcharnos Hemos estado por delante pero el Estudiantes muy cerca". Marcha coa sensación de ter perdoados varios puntos e de non ampliar a distancia fronte ao rival, pero "con la mejora que hemos tenido, sobre todo en las pérdidas de balón, hemos sido competitivos. Estoy muy contento y orgulloso de la plantilla que tenemos porque hay casi más jugadores en la banda que en pista". Engade o vasco que agora toca deixar os nervios na casa, evitar fallos debaixo do aro, en tiros libres e seguir traballando.

Natxo Lezkano en rolda de prensa (13/10/2018)

01:02

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1539510305_903667/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

As redes socias inúndábanse de comentarios  case tanto coma se inundou a saída do Pazo pola tromba de auga que caía no remate do encontro. A afección do CB Breogán víu o que quería e non dubidaron en compartir a sua felicidade.

Captura de pantalla / Twitter

Captura de pantalla / Twitter

 

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00