Hora 14 LugoHora 14 Lugo
Actualidad
Sector Lácteo

¿Quen é quen no futuro grupo lácteo?

Feiraco terá a maioría de participación na organización por ser a entidade con máis capacidade de xeración de fluxos de caixa

Irmandiños contará coun papel preponderante pola súa posición nos servizos de alimentación animal e apoio ao gandeiro

José Montes, presidente de Feiraco / feiraco.es

José Montes, presidente de Feiraco

Lugo

O xuízo de intencións comunicado polos catro presidentes de Feiraco, Os Irmandiños, Melisanto e Xallas supón un primeiro paso de cara ao añorado gran grupo lácteo gallego.

Con todo, aínda que os seus máis de 4.300 socios producen 410 millóns de litros de leite ao ano, estas entidades apenas transforman por si mesmas hoxe en día 150 millóns de litros.

¿Que supoñen estas cifras?

Segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), en Galicia producíronse no ano 2015 un total de 2.589 millóns de kilos de leite. Aproximadamente, esto serían uns 2.513 millóns de litros. Así as cousas, os socios das catro cooperativas que traballan na integración producen a día de hoxe o 16,31% do leite galego. Con todo, o presidente de Feiraco, José Montes, apuntou que agardan chegar ao 20% do leite da autonomía.

Instalacións de Os Irmandiños en Ribadeo

Instalacións de Os Irmandiños en Ribadeo / Os Irmandiños SCG

Instalacións de Os Irmandiños en Ribadeo

Instalacións de Os Irmandiños en Ribadeo / Os Irmandiños SCG

Aínda que non existen datos públicos sobre os volumes mercados e transformados por cada industria galega, un informe da asociación Terra e Leite apunta que no 2012 só Leite Río era quen de superar escasamente os 400 millóns de litros anuais recibidos. Ademáis, o proxecto anunciado de Goodleit en Teixeiro durante a precampaña das pasadas autonómicas indica que tamén prevé procesar uns 400 milóns de litros anuais.

Así pois, a nova cooperativa de segundo grao, se fose quen de transformar todo o leite dos seus socios, situaríase como un dos principais operadores en Galicia. Con todo, para elo, precisará de investimentos industriais importantes xa que as fábricas de envasado de leite de Feiraco e a de elaboración de iogures e postres de Clesa non se antollan suficientes para todo o leite dos 4.300 socios.

  • as empresas participadas da nova cooperativa

¿Quen é quen na nova cooperativa?

A nova cooperativa que xurdirá da unión de catro das principais de Galicia se o aproban as súas asambleas terá un balance de case 95 millóns de euros de activos, cuns fondos propios de 37,7 millóns. Entre as catro entidades facturaron no último exercicio uns 196 millóns de euros. Na nova compañía Feiraco controlará o 45,3% da entidade, Irmandiños o 30,7%, Melisanto o 12,6% e Xallas o 11,4%. Pero, ¿quen é cada unha?

A cooperativa de Melide conta con 656 socios e 37 traballadores. Nos últimos anos destacou por impulsar un proxecto comercializador no sector da horta, segundo apuntan fontes próximas ao sector. Ademáis, conta con fábrica de penso, aporta unha cantidade simbólica de leite dos seus socios a Acolact (a agrupación de Cooperativas que xestiona Clesa) e vende o resto en cisternas a outras industrias. Melisanto conta con servizos agronómicos, de alimentación animal, reprodución, control da calidade do leite e maquinaria. No ano 2014 facturou 21 millóns de euros.

É a cooperativa máis pequena das catro da fusión. Aínda que ten máis socios (781) que Melisanto, conta con menos empregados (22) e facturou no 2015 uns 17,8 millóns de euros. Segundo apuntan fontes do sector, Xallas actúa como primeiro comprador do leite dos seus socios para revenderllo a unha empresa de raíz portuguesa. Do portfolio de servizos que pretenden agrupar as 4 entidades é a que conta con menos: agronómico, de alimentación do gando, reproducción e parque de maquinaria.

É unha cooperativa moi asentada na provincia de Lugo, coa estrutura de servizos aos socios máis potente das 4. Conta con 927 asociados e 94 traballadores. Segundo voces do sector consultadas, é a entidade que aporta o conxunto de explotacións máis grandes á futura cooperativa. Ademáis dos servizos agronómicos, de alimentación, reprodución, calidade do leite e maquinaria, conta tamén con outros de podoloxía animal, certificacións, xestión eco-fin e asesoría. Irmandiños poderá aportar á nova entidade unha experiencia importante na xestión da alimentación animal, onde é unha das cooperativas referentes en Galicia. Na actualidade coloca parte da produción dos seus gandeiros en Acolact (Clesa). Facturou en 2015 un total de 32,6 millóns de euros.

Instalacións de Feiraco

Instalacións de Feiraco / Feiraco SCG

Instalacións de Feiraco

Instalacións de Feiraco / Feiraco SCG

É a cabeza motora do proxecto. En 2015 facturou 109,65 millóns de euros. Ademáis de contar con todos os servizos aos socios agás o de podoloxía e o de maquinaria, é a única cooperativa do proxecto con experiencia na comercialización de productos lácteos, baixo a súa marca, e liderando a recuperación de Clesa en Caldas de Reis.

Feiraco, ademáis de ser o motor da integración, aportará 1.978 socios e a maioría dos traballadores: 208. Tamén poderá poñer ao servizo da nova cooperativa, se así o queren os seus socios, as marcas e a nova referencia de leite de améndoa que fabrica dende este ano.

Almacén de Agris

Almacén de Agris / Agris SCG

Almacén de Agris

Almacén de Agris / Agris SCG

  • ¿A Quen se bota en falta no proxecto?
 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00