Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

Política

Tiroteado o coche do concelleiro ceense Juan Hermida

Os feitos tiveron lugar na porta da súa vivenda

Cee

Juan Hermida, edil de Ciudadanos no Concello de Cee, vén de interpoñer unha denuncia no Cuartel da Garda Civil de Corcubión logo de sufrir o tiroteo do seu vehículo. Os feitos tiveron lugar no seu domicilio, en Codesos. Un vehículo cuns descoñecidos a bordo efectuou uns disparos que, segundo algúns veciños do lugar, tería danado o coche e o portalón da entrada da súa vivenda. Segundo fontes da investigación, os disparos terían sido efectuados cunha pistola. A Policía Xudicial xa investiga uns feitos que están a provocar a indignación con concello ceense.

Juan Hermida é o único concelleiro de Ciudadanos en Cee. No pasado mes de decembro xa interpuxo unha denuncia debido á aparición duns carteis nos que se lle acusaba de ser un "corrupto". Naquela ocasión tamén recibiu outro tipo de material "intimidante". Nesta ocasión, esas ameazas xa foron máis alá. As investigacións en marcha inda non permiten coñecer a orixe dese hostigamento. Hermida é un concelleiro cun papel chave no equilibrio de forzas existente en Cee. Durante toda a lexislatura especulouse coa posibilidade dunha moción de censura por parte do Partido Popular e Independientes. Ese movemento precisaría do apoio do edil de Ciudadanos para poder rematar con éxito, un respaldo que Hermida rexeitou en varias ocasións.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00