Cartas con balas, ameazas á familia e disparos na súa vivienda para amedentrar ao edil de Ciudadanos en Cee
Juan Ramón Hermida, concelleiro de Ciudadanos en Cee, vén de presentar unha moción no rexistro do concello na que detalla a campaña de acoso que vén sufrindo dende o pasado ano
Cee
Juan Ramón Hermida, concelleiro de Ciudadanos en Cee, vén de presentar unha moción no rexistro do concello na que detalla a campaña de acoso que vén sufrindo dende o pasado ano e solicita un pronunciamento de tódolos grupos rexeitando estas condutas.
Nun breve pero detallado escrito, Hermida desgrana as ameazas que sufre dende o pasado mes de novembro, cando recibiu por correo ordinario unha carta anónima que contiña unha bala. Ademáis do proxectil, a carta tamén contiña un papel co texto: “Retírate de la política. Primer aviso sino un miembro de tu familia pagará las consecuencias”.
As coaccións continuaron o 13 de decembro, cando diversas rúas de Cee apareceron empapeladas cuns pasquíns nos que se calificaba a Hermida como “corrupto”. A isto houbo que engadir unas pintadas en diversos lugares públicos catro días despois. Non quedaron aí as accións e o 20 de xaneiro, segundo a versión do concelleiro de Ciudadanos, uns descoñecidos asaltaron a súa vivenda en Codesos, provocando danos no interior dun vehículo da súa propiedade.
A última ameaza tivo lugar a pasada semana, cando na madrugada do xoves a venres uns descoñecidos efectuaron nove disparos cun arma curta ás portas da súa vivenda. Catro balas impactaron contra o seu coche, tres no portal e os outros acabaron ferindo ao can.
Juan Ramón Hermida interpuxo denuncia por todos estos feitos e solicita no escrito unha declaración institucional de repulsa “contra as ameazas e difamacións” das que vén sendo obxecto, así como un pronunciamento contra a violencia como método “para influir na vida política municipal”