Eu a Juanpe e ti a Seoane, estes son os xogadores que máis, ou menos, van extrañar Rama e Valentín
O catalán e o galego despídense da afección albivermella en SER Deportivos Lugo

Gerard Valentín e Hugo Rama despídense da afección albivermella
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Lugo
Gerard Valentín e Hugo Rama separaron os seus camiños tras compartir dúas tempadas xuntos entre as filas albivermellas ao asinar pola SD Huesca e o Real Oviedo, respectivamente. Segue a haber moi bo rollo entre ábolos dous ainda que "cando xogue en contra igual lle dou unha patada", bromea Rama.
Os ex-pupilos de Albés despedíronse da afección lucense nos micrófonos de Ser Deportivos Lugo recordando os mellores momentos no clube, o partido máis decisivo coma xogadores lucenses, os compañeiros que máis van botar de menos...
Hugo Rama deixa entrever turbulencias na súa saída tras asinar unha primeira metade de tempada con moito menos protagonismo do que lle gustaría mentres que Gerard Valentín deu paso cara a diante abandonando a súa "zona de confort" en Lugo para buscar a súa meta profesional: Voltar á primeira división.
Os primeiros días do compostelano en Oviedo están a ser un axetreo. Presentación, fotos, vídeos, entrevistas... "e de momento no hotel e solo, agardando que xa a finales de semana estea aquí a familia". Gerard aclimatándose, malia que "hai moito ex-albivermello que sempre axuda para as chegadas" coma Escriche ou Jaime Seoane, apunta.
Ámbolos dous atópanse moi ilusionados coa apertura dunha nova aventura profesional, pero ningún quere pechar as portas de cara ao futuro. Malia "rematar este capítulo nunca podes dicir nunca" a voltar, neste caso, a formar parte da familia albivermella.
O parque de Rosalía, a Av. Ramón Ferreiro, a Juanpe ou a Seoane. Moitas son as cousas, lugares e persoas que van extrañar da capital lucense, pero amigos, isto é fútbol.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




