Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A alcaldesa inaugura as instalacións de Be One Lugo

Lara Méndez subliñou que “é unha gran satisfacción inaugurar estas novas instalacións, coas que se amplía a oferta deportiva e de ocio na nosa cidade, ofrecendo aos cidadáns un ximnasio de última xeración en pleno centro de Lugo”.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director executivo do centro, Roberto Ramos e o Deputado de desenvolvemento económico

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o director executivo do centro, Roberto Ramos e o Deputado de desenvolvemento económico

Lugo

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou esta semana as instalacións do novo centro deportivo Be One, situado na rúa Cornubia, nas antigas instalacións da discoteca Studio 3. Fíxoo acompañada do director executivo do centro, Roberto Ramos, e do concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, entre outras autoridades.

Lara Méndez subliñou que “é unha gran satisfacción inaugurar estas novas instalacións, coas que se amplía a oferta deportiva e de ocio na nosa cidade, ofrecendo aos cidadáns un ximnasio de última xeración en pleno centro de Lugo”. “O deporte é sinónimo de saúde e, neste senso, todas as iniciativas que fomenten a práctica deportiva contarán co apoio do Concello”, apuntou.

Así mesmo, a rexedora lembrou que “a posta en marcha deste novo centro supón tamén unha magnifica noticia polo que se refire á xeración de postos de traballo, pois, en total, creáronse 27 empregos directos e 7 indirectos; e tamén pola importancia de recuperar un espazo que estaba baleiro e pechado, para mellorar os barrios da nosa cidade e enchelos de vida”.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir