Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

EL ABIERTO La sesión de control al Gobierno, con los analistas de 'Hoy por Hoy'

Máis cantidade e variedade para os menús de Xantar no Fogar

O Concello de Lugo ofertará máis de 40.000 menús apara as persoas vulnerables e incrementa o orzamento desta iniciativa nun 144%

Haberá opcións veganas e vexetarianas

Haberá opcións veganas e vexetarianas

Haberá opcións veganas e vexetarianas

Lugo

O Concello de Lugo, a través da área de Benestar Social que dirixe Olga López Racamonde, ofrecerá un total de 41.691 menús dentro do servizo de Xantar no Fogar durante o 2022. O executivo de Lara Méndez destina un total de 210.423 euros a este proxecto, un 144% máis que o ano pasado : 86.000.

Olga López conta que con esta axuda se están a beneficiar preto dun centear de persoas e contan poder axudar todavía a máis "obxectivo de atender os novos tipos de dependencia que ocasionou a pandemia, que fixo agromar carencias non só económicas senón tamén de coidados e alimentación”.

Deste xeito, o próximo mércores, a Xunta de Goberno adxudicará o contrato á empresa Alimentación Saludable Gallega S.L que presentou "a oferta máis vantaxosa dentro da que se inclúen, todas as melloras recollidas nos pregos e coas que pretendemos acrecentar a nosa capacidade e que esta se traduza, tamén, nunha maior calidade de vida para todas e todos os usuarios do programa”, indicou López Racamonde.

Maior variedade de dietas con catro novas opcións: vexeteriana, vegana, sen carne de porco e sen carne de vaca ou a rotación dos menús cada 6 semanas, estas son algunhas das melloras que se achegarán a nova edición do proxecto local.

Cada beneficiario/a recibirá ademais un litro de leite e outro de zumo de frutas á semana e se disporá de "catro novas neveiras para poder cederlles a aquelas familias que non teñan outra maneira de garantir a conservación dos alimentos que se lles entregan”.

Fixo a concelleira especial fincapé no control sanitario que se fará sobre os alimentos así coma a súa mestura: "Deben combinarse dun xeito saudable respectando as pautas médicas que figuran no expediente de cada beneficiario”.

Nueva APP de Cadena SER

Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video

Descargar

Segundo o Concello, en torno ao 60% dos beneficiarios destas axudas, son mulleres, maiores de 65 anos, que viven soas e ás que, "logo do confinamento obrigado que impuxo o Estado de Alarma, a permanencia do COVID as mantén nun illamento aconsellable ante o risco de contaxio”.

No Concello de Lugo hai 5.000 persoas maiores de 65 anos que residen soas nas súas vivendas e sobre as que, dende a área de Benestar, "se realiza un seguimento continuado co fin de informalos dos recursos que teñen á súa disposición en función das necesidades que presenten e que inclúe tanto a súa manutención".

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estás escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir