Sociedad

Alfonso Sanz dá a volta ao “sostible” e o “alternativo”

Abriu a sexta sesión de Ágora previndo dos reclamos mediáticos e as modas creadas polo márketing e a publicidade

Rafa Estevez

Alfonso Sanz converteu dous dos principais conceptos da mobilidade actual en binomios que permiten afinar nas análises teóricas ao redor da xestión urbana. Hai unha sustentabilidade feble e unha sustentabilidade forte. Hai mobilidades alternativas superficiais e mobilidades alternativas profundas. É o que chamou “a batalla polas palabras”. É necesario —dixo— ser crítico con eses termos e non aceptalos así como así; hai mobilidades alternativas que o son unicamente dun modo superficial, que non cambian o modelo en profundidade.

Definiu como sustentabilidade feble a aquelas accións que poden semellar medidas que se toman nunha dirección correcta, pero que en realidade son simples argumentos para estimular o consumo dun determinado produto ou idea. En contraposición, a sustentabilidade forte é a que é quen de cooperar na transformación cultural necesaria para mellorar a realidade e loitar realmente pola supervivencia do planeta.

En consecuencia, as mobilidades alternativas superficiais adoitan presentar solucións parciais, de ámbito local, centradas no tecnolóxico e normalmente de carácter individual. Pola contra, as medidas profundas sobre mobilidade alternativa exprésanse en medidas xerais, complexas e integrais, atentas ao local pero tamén ao global, contrastadas coas dinámicas sociais e adoitan ser de ámbito colectivo.

Esta cuestión semántica sobrevoou a súa intervención como relator na sexta sesión da  Facultade Ágora, dedicada ás chamadas “mobilidades alternativas”, concepto referido ao que non é “o modo comunmente aceptado”. Isto é, a alternativa ao coche particular. Considerou que as políticas públicas de mobilidade deben combinar de forma intelixente alternativas superficiais e profundas, “porque se trata de procesos e transicións complexos, ante os que hai que ter claros os obxectivos perseguidos”.

Este matemático e xeógrafo que forma parte do grupo Gea21 sostén que non todo o que se autoconsidera sostible ou alternativo o é realmente. Xa nos anos 70 do pasado século un teórico como Iván Illich realizaba críticas radicais ao sistema de transporte de persoas imperante nese momento e movementos sociais de inspiración ecoloxista trazaban interesantes diagnósticos acerca dunha evolución enerxética máis sostible.

Unha das dimensións que puxo sobre a mesa é o carácter mediático das propostas máis superficiais, xeralmente nadas en departamentos de márketing ou campañas de venda de produtos ou servizos, como os patinetes ou os automóbiles eléctricos, pero tamén obxectos exóticos como drons e vehículos voadores, vehículos compartidos, autónomos ou novas fontes ou  vectores enerxéticos como a enerxía nuclear, os agrocombustibles, o gas ou o hidróxeno.

Tomando como exemplo o mundo dos patinetes, fixo un diagnóstico cruel: son divertidos, modernos, áxiles e rápidos, pero cunha extensa cara B: non cambian a mobilidade urbana, nin son sostibles, nin saudables, nin seguros e por tanto non son mobilidade alternativa, e non deberían contar con privilexios informativos nin discriminacións positivas. Fixo referencia a un informe previo á pandemia, que indica que de todas as persoas que utilizan patinete, o 47% antes camiñaba, e o 29% ía en transporte público.

Mostrouse moi crítico coa identificación do coche eléctrico coa mobilidade alternativa: “a industria pide constantemente privilexios para uns coches que son cada vez máis grandes e pesados que non teñen por que ser premiados polos fondos de transformación social”. Considerou que a electrificación é necesaria, pero hai que pensar como leva a cabo o proceso, cando, e a que prezo, xa que pode resultar unha nova forma de degradación.

Como exemplo citou o que chamou o “novo urbanismo sustentable”, unha promoción inmobiliaria que ofrecía, ademais do piso con dúas prazas de garaxe, un coche eléctrico de agasallo. Ante iso, despediu a súa intervención co impactante vídeo sobre os pés como elemento de mobilidade elaborado polo departamento de mobilidade de Bruxelas, unha das cidades europeas que máis se distingue polos seus procesos de desautoxicación.

Escucha la radioen directo

Cadena SER
Directo

Tu contenido empezará después de la publicidad

En directo

A continuación

Último boletín

Emisoras

Elige una emisora

Compartir

Suscríbete

Tu contenido empezará después de la publicidad