Hora 14 OurenseHora 14 Ourense
Ocio y cultura

Freixanes: "Por primeira vez as Letras Galegas viaxan ás terras de Valdeorras"

A Real Academia Galega comunicou esta semana o programa das Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado

A RAG presenta a programación das Letras Galegas 2022 sobre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán

A RAG presenta a programación das Letras Galegas 2022 sobre a figura e a obra de Florencio Delgado Gurriarán / RAG

Ourense

Ademais de nacer na provincia de Ourense e destacar na literatura e cultura galegas, Delgado Gurriarán xa ten outra cousa en común con Curros Enriquez, Cuevillas, Lamas Carbajal, Vicente Risco, Losada Diéguez, Celso Emilio Ferreiro, Blanco Amor, Eladio Rodriguez, Xaquin Lorenzo e Carlos Casares. Isto é, ser protagonista das Letras Galegas 2022.

O presidente da Real Academia Galega comunicaba esta semana o programa das Letras Galegas 2022 dedicadas a Florencio Delgado e lembraba así as principais dimensións que fundamentan que este sea o ano de Gurriarán: "A figura literaria representante dunha xeración e dun tempo histórico. O seu primeiro libro está publicado no 1934". O exilio é outra das marcas do autor porque presenta "aquelas iniciativas que na nación mexicana se desenvolven despois da Guerra Civil para manter viva a lingua e a cultura galega", afirmou Víctor Freixanes.

Das más de dez veces que a provincia estivo presente nas Letras Galegas a través dos seus homenaxeados, esta é a primeira na que Valdeorras ten presenza. Xa coñecemos o programa para este ano. Entre eles, cada semana estará dispoñible unha pequena peza audiovisual, que amosará distintos aspectos vencellados con Delgado Gurriarán. A primeira a cargo de Margarita Ledo Andión, que fala sobre a revista Vieiros: "Florencio Delgado Gurriarán foi o poeta de Vieiros con entregas en cada un dos catro números, pero alén diso formou parte dese núcleo de creadores e organizadores e con Carlos Velo e Lois Soto codirixiu os números un e dous".

Ademais, na programación haberá unha serie audiovisual de cinco capitulos dirixida pola xornalista María Yáñez, que estará dispoñible en abril e permitirá viaxar polas distintas personalidades de Gurriarán. A nivel editorial, estase a preparar unha antoloxía por parte do proxecto "As letras de Florencio", da que Debora Álvarez adiantou que amosará "unha selección de poemas moi persoal cunha visión afastada do que coñecemos sobre Florencio".

Doutro lado a presentación da Primavera das Letras será en Vilamartín de Valdeorras, destinado a infantil e primaria. A celebración das Letras terá o seu epicentro en Córgomo, mais a idea é que toda a comarca forme parte da celebración. Entre outras accións, o familiar e historiador Ricardo Gurriarán elaborará unha antoloxía da correspondencia do autor.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00