Sociedad

Marta Román: xogar socializa, e a cidade ha de facelo posible

A xeógrafa participou no oitavo seminario falando de como a cidade inflúe na necesidade infantil de xogar

Rafa Estevez

A forma en que os humanos vixían aos seus cachorros, hiperprotexéndoos ante os supostos perigos do mundo foi o fío condutor da intervención da xeógrafa experta en mobilidade infantil Marta Román na Facultade Ágora, dentro do seminario dirixido a analizar as posibilidades de xogo que ofrece o espazo urbano.

‘Gústalle xogar na rúa’ é un  eslógan  pulicitario referido a un Opel Astra. ‘Dominei desertos, agora domino a túa rúa’ unha frase para vender toyotas. E ‘Leva aos nenos ao cole e aos homes á tolemia’ é un argumento para animar a comprar BMW serie 6. As tres conforman exemplos de como o automóbil se posiciona nos estándares publicitarios que exercen unha enorme presión sobre as persoas para fomentar o consumo e acentuar as necesidades inherentes á mobilidade motorizada.

A infancia vai ocupando un espazo territorial cada vez menor. Segundo un estudo, en 1919 dominaban un espazo camiñable de 9,5 km. En 1950 o radio de camiñabilidade dunha persoa reduciuse xa a 1,6 km. En 1979 unha persoa camiñaba 1 km e en 2007 só 200 m. Este “encollemento” do espazo supón unha “domesticación” da infancia nun ecosistema pechado de felicidade no que o binomio coche-casa supón o triunfo da vida privada sobre a pública.

Román sostén que os nenos e nenas conforman unha especie de obxectos de luxo que as persoas adultas subliman porque cada vez son máis escasos. A infancia converteuse nun ben supremo e idealizado para as familias, que recorren á hiperprotección para darlles aínda máis sentido de obxecto precioso, converténdoo no centro das familias. Pero ningunha familia pode substituír á sociedade como marco para unha educación completa.

Ese afán hiperprotector converte aos adultos —especialmente ás nais— en entidades sempre vixiantes e actuando para previr o conflito. Así, segundo Román, convértense nos responsables do que lles pase, sen ter en conta que estamos a criar fillos á marxe da sociedade, culpabilizando ás nais ou aos colexios das carencias ou posibles disfuncións que provoca a crianza no pechado ambiente familiar.

Desenvólvense así espazos específicos para crianzas, en moitos casos rodeados de valos, nos que poidan xogar pero sempre baixo a vixilancia das persoas adultas, que constantemente se inmiscen na vida dos nenos e nenas, imposibilitándolles de resolver os seus propios problemas e creando coa escola unha cadea de custodia da que os nenos non poden liberarse.

Trasladando este estado de cousas ao deseño urbano, atopámonos con cidades dominadas polos coches, nas que os nenos aparecen confinados en espazos especialmente pensados para eles, todo baixo un relato do medo, a fraxilidade e a necesidade de protección que se manifesta no recorte das liberdades individuais da infancia.

As rúas nas que non se pode xogar, nas que o coche é o anfitrión pero nas que debería ser o invitado, deben ser liberadas e dotadas de espazos abertos, con árbores, arte pública e mobiliario urbano que permita o xogo, ademais de espazos abertos e non definidos, como os escampados. Espazos, en definitiva, que axuden ao xogo infantil e permitan ás persoas máis novas iniciar o seu camiño na vida en contacto cos demais, e non só coas súas familias.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00