Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Nove pranchas de cinc do artista Prieto Nespereira aterran no museo de Lugo

A Sala Prieto Nespereira permite coñecer todas as etapas da súa evolución dende a paisaxes fantásticas da primeira época influídas polo rico imaxinario galaico

Maite Ferreiro xunto a Ángel Angibay e persoal do Museo Provincial de Lugo

Maite Ferreiro xunto a Ángel Angibay e persoal do Museo Provincial de Lugo

Lugo

No Museo de Lugo xa están a bo recaudo as novas obras do gravador ourensán Xulio Prieto Nespereira. Trátase de nove pranchas de cinc, realizadas entre os anos 40 e 70, cedidas por Ángel Patricio Rodríguez Argibay.

Son dúas pranchas gravadas e asinadas polo autor, unha de 16,4 x 10 cm e outra de 25 x 31 cm, e sete pranchas de cinc orixinais con motivos diversos e distintos formatos. Estes bens, ingresados no MPL hai semanas, xa se poden ver na sala 25, un espazo monográfico dedicado ao autor dentro da sección de Debuxo e Gravado Galego que se pode visitar no primeiro andar.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, agradeceu "a xenerosidade de Ángel Patricio Rodríguez Argibay", que coa súa achega "permite ampliar e complementar o discurso expositivo da sala monográfica Prieto Nespereira".

A Sala Prieto Nespereira permite coñecer todas as etapas da súa evolución dende a paisaxes fantásticas da primeira época influídas polo rico imaxinario galaico como O Peto das bruxas, as paisaxes naturalistas galegas como Praza do Campo, Camino de Covas, Santiago de Compostela, nas que segué o ronsel de Castro Gil, ata a produción non imitativa dos últimos anos. O espazo monográfico remodelouse a finais de 2020.

A súa actividade como gravador é a propia dunha personalidade inqueda e activa, " que a cada paso vai dotando a súa obra dunha impronta máis persoal, avanzando na procura de novas técnicas e texturas e novas temáticas". Por outra banda, o seu traballo de promoción e desenvolvemento do gravado foi moi importante: Fundou con Castro Gil e outros o grupo "Los 24" e formou parte da Asociación Española de Artistas Gravadores e dos Salóns do Gravado, onde suceden como director a Castro Gil.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir