Sarria se prepara para o Gran Camiño
Dende a Deputación de Lugo estiman acoller a un total de 6.000 persoas durante a cuarta etapa da volta
Efrén Castro durante a reunión coa hostalaría sarriana
Lugo
A vicepresidencia da Deputación de Lugo mide a temperatura económica do Gran Camiño no seu paso polo concello de Sarria. O Deputado provincial, Efrén Castro, reuníuse coa hostalería sarriana para abordar o impacto económico desta proba pola vila.
Sarria deberá prepararse para a acoller a preto de 6.000 persoas durante a cuarta etapa do Gran Camiño, "700 ligadas á organización euns 5.000 afeccionadaos afeccionadas", difran dende o goberno provincial.
As imaxes do concello sarriano chegarán a 180 países coa retranmisión en directo da proba en Eurosport e canles asociadas Efrén Castro sinalou que “hai que evitar instalarse no conformismo e apostar pola promoción de Sarria como punto de referencia do Camiño de Santiago”.
Castro valorou “a actividade que xenerará a presenza na vila de centenares de persoas, que demandarán hostelería e restauración, fóra da tempada alta” e incidiu “na contribución deste evento e do deporte vinculado á natureza como un elemento de desestacionalizacion do turismo, unha materia pendente para o sector”.
O responsábel provincial de deportes sinalou o caso de Dumbría como exemplo do impacto que os eventos deportivos destas características teñen na visibilización e na promoción turística das localidades que o acollen:" Coa consolidación e a internacionalización do Gran Fondo do Ézaro, pasou de rexistrar 2.000 a 60.000 consultas na súa oficina turística. Nesa liña, na estimación da repercusión económica de O Gran Camiño, valórase tamén a proxección proxección da proba".
Sarria acollerá a cuarta e última etapa do Gran Camiño, unha contrarreloxo de 15,9 quilómetros que trascorrerá integramente polo concello, cuns primeiros quilómetros por estradas secundarias, coindicindo durante algúns tramos co Camiño de Santiago, e final no casco antigo da vila, na Rúa do Castelo.
Sara Meijide
Redactora de Radio Lugo




