Ourense sede dunha nova edición correspondente ao Campionato de España de Pista Cuberta de Atletismo
Neste campionato que se celebrará os vindeiros días 25, 26 e 27 xuntará ás principais figuras nacionais e internacionais do atletismo

Ourense sede del campeonato de España

Ourense
Trátase do segundo campionato de España Absoluto que acollen as instalacións de Expourense, que foron cualificados polos propios atletas como ´´ Pista Milagre´´, unha pista rápida que foi o escenario de varios récords de España.
Prevése que más de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo xunto a Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Ourense, así a nivel federativo tanto coa Real Federación Española de Atletismo como coa Federación Galega de Atletismo.




