Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

A Feira do Butelo da Fonsagrada recupera a presencialidade

As vodas de prata da festividade do concello lucense terá coma premiados a María del Carmen Asunción Gómez Álvarez e Miguel Ángel Martínez Martínez

Presentación da Feira do Butelo

Presentación da Feira do Butelo

Lugo

A Feira do Butelo da Fonsagrada celebra as súas vodas de prata. A cita recupera o formato presencial, logo de que o ano pasado se fixese unha versión dixital con motivo da pandemia. A Feira do Butelo, declarada de Interese Turístico Galego, destaca por ser “unha cita imprescindible para os veciños e veciñas de Lugo, pero tamén para persoas chegadas doutros territorios de Galicia e mesmo de Asturias”, detallou na presentación do evento José Tomé Roca.

A carpa que acollerá a Feira instalarase na Praza do Concello, abrirá este sábado e domingo, de 10:00 a 20:00 horas con 70 postos e 8.000 quilos de butelo. Durante a fin de semana,haberá visitas guiadas e acutacións musicais e coma colofón final o mesmo domingo farase a entrega da distinción Butelo de Ouro, que este ano recae en María del Carmen Asunción Gómez Álvarez e Miguel Ángel Martínez Martínez.

Na presentación da tradicional Feira, o presidente provincial quixo agradecer a todas as empresas que crean emprego e oportunidades no rural, que lle dan vida no presente e que apostan polo seu desenvolvemento no futuro”, subliñou. “A gastronomía e o turismo cambian constantemente, por iso é necesario facer o que está facendo o Concello da Fonsagrada: atopar novas formas de poñer en valor aquelo que sempre estivo con nós”, salientou.

Esta cita trata de darlle un pulo importante á “promoción e o estímulo dun produto local que é fundamental para dinamizar a comarca e o rural lucense”, e que nestes tempos de pandemia, dixo, “debemos aproveitar para que o mundo mire máis cara o rural como exemplo de vida saudable e de produción sostible”.

A Deputación de Lugo achega ao Concello da Fonsagrada un total de 444.285,24€ a través do Plan Único para desenvolver distintas actuacións e mellora de infraestruturas, como a Feira do Butelo, para manter e aumentar os servizos e infraestruturas e crear emprego, entre outras.

Programa XXV Feira do Butelo

Sábado, 19 de febreiro

10:00 horas: Apertura da Carpa

12:30 horas: Inauguración oficial

20:00 horas: Peche da carpa

Domingo, 20 de febreiro

10:00 horas: Apertura da Carpa

12:00 horas: Recepción de personalidades

12:30 horas: Actuación do grupo de Música Tradicional Illa Pancha

13:00 horas: Entrega da Distinción “Butelo de Ouro” no Salón de Plenos do Concello

13:30 horas: Actuación da A.C. “Antaruxas e Sorteiros”

20:00 horas: Peche da carpa

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir