Hora 14 OurenseHora 14 Ourense
Salud y bienestar

Carmen Varela: “Tardei trece anos en saber que tiña endometriose”

O sábado 19, ás doce da mañá, a Asociación Querendo ofrece unha charla informativa no Barco de Valdeorras

NaN:NaN:NaN

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1645097765118/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Ourense

O dez por cento das mulleres en idade fértil, padece endometriose. Unha enfermidade que a xefa da sección do Servizo de Xinecoloxia e Obstretricia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Carmen Varillas, define así: “Endometrio es el tejido que todos los meses crece cuando se está produciendo la ovulación, por si hay un embarazo. Las mujeres que tienen endometriosis tienen células muy similiares a esa que se sitúan en otras diposiciones anatómicas”. Aínda que o máis frecuente é que esas localizacións sexan cerca do útero, os casos son moi diversos.

Neste sentido, a presidenta da Asociación Querendo. Mulleres con endometriose, Cristina Fernández, explica que “na asociación temos mozas con endometriose nos riles, pulmón ou mesmo no embigo, que cada vez que teñen a menstruación sangran polo embigo”.

A endometriose é unha enfermidade silenciosa e sen cura. Porén hai medidas que poden mellorar a calidade de vida das mulleres que a padecen “pódese empezar con tratamentos hormonais, que o que fan é diminuír la actividade dos focos endometriosos”.

Non obstante, un dos grandes problemas da enfermidade é o seu infradiagnóstico. Carmen Varela, doente de endometriose, tivo que agardar trece anos para saber que tiña endometriose. Foi nunha operación motivada por outra cuestión, porque ao longo deses anos ante a dor a resposta era “que había que acostumarse a ter a mala sorte de ter unha regra dolorosa”.

Perante a falta de respostas, Carmen Varela fundou a Asociación Querendo, xunto con Iria Villar, e recoñece que foi “como saír dun armario”. O sábado 19 ás doce de mañá no Barco de Valdeorras haberá unha charla informativa.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00