SER Deportivos Lugo
Fútbol

Clavería, aterrando en Lugo, pero "contento"

A fichaxe invernal do CD Lugo agradece aos compañeiros o fácil que lle está a ser a súa integración no equipo

Pablo Clavería en rolda de prensa

Lugo

Pablo Clavería debutou no Anxo Carro "con sabor agridoce". Quería celebrar a súa primeira actuación no fortín albivermello con máis tres que lles permitise deixar ben encarrilada a permanencia, pero non puido ser.

Case media hora de encontro foi o que puido gozar o mediocentro lucense que chegaba ao equipo amurallado trala saída de Hugo Rama. Todavía adaptándose e ubicándose tanto na cidade coma no club, pero "moi contento porque o grupo humano é moi bo e iso está a facilitar a miña integración", agradecía en rolda de prensa.

O 20 do CD Lugo só quere xogar "onde e cando o decida o míster". As intencións de Albés son públicas: pouco a pouco Clavería debe xogar de 5. Él non di que non a nada " o único que quere é sumar ao equipo, véxome coa capacidade de adaptarme ao posto que se me pida"

12 xornadas afastados da derrota non é algo que se adoite ver na División de Prata, por iso o madrileño cre que o equipo " está a facer ben as cousas", mais non quere tirar cohetes. Consciente da esixencia da Liga SmartBank "ata que teñamos o obxectivo conseguido nada de relaxación, nesta categoría todo pode pasar e todo pode cambiar".

O rival desta xornada é a SD Huesca, "o equipo mellor reforzado do mercado invernal", pero ao que non lle temen estes romanos. Para Clavería as chaves do encontro pasan por ser eles mesmos. "Temos que ser nós, non baixar intensidade, gañar duelos e non descuidar os pequenos detalles", apunta.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo