Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello proxectará o filme "Pago Justo", polo día da Igualdade salarial

A película será proxectada en O Vello Cárcere, de balde e apta para todos os públicos

Cartel do día da Igualdade salarial

Cartel do día da Igualdade salarial

Lugo

O 22 de febreiro é o día adicado á reivindicación da igualdade salarial, por iso o Concello de Lugo pon en marcha unha campaña de visibilidade da fenda salarial e reivindica a eliminación de diferenzas "entre as retribucións que perciben as mulleres e os homes pola realización de idéntico traballo, unha diferenza dun 20% a nivel mundial".

A Concellería de Muller e Igualdade ven de programar a proxección do filme Pago Justo, dirixido por Nigel Cole, unha comedia dramática basada na folga que tivo lugar en 1968 na planta de Ford en Dagenham para reivindicar a igualdade de salario entre mulleres e homes e que motivou a aprobación da primeira lei británica a este respecto en 1970.

A película, apta para todos os públicos, proxectarase no auditorio de O Vello Cárcere o propio día 22, ás 18:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo. No seu remate, establecerase un coloquio no que estarán membros do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade.

A Concelleira de Muller e Igualdade, Silvia Alonso, fai especial fincapé en que “dende a Concellería pretendemos con esta programación mostrar o noso compromiso con calquera causa que contribúa a eliminar as desigualdades entre mulleres e homes en calquera ámbito da sociedade”. Engadíu a socialista que ademais da fenda salarial, "son moitas as mulleres que traballan na economía informal ou a tempo parcial, por mor de problemas de conciliación ou por falta de oportunidades laborais".

Alonso lembrou que a violencia que se exerce contra as mulleres no mundo tamén é económica e un indicador que amosa dita violencia é a fenda salarial, que se viu agravada pola pandemia. "Segundo un informe do Foro Económico Mundial terán que pasar 267 anos para que as mulleres conten cos mesmos ingresos, dereitos e oportunidades que os homes, por un mesmo tipo de traballo e nivel formativo", especificou.

Sara Meijide

Redactora de Radio Lugo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir