SER Deportivos Ourense
Más deportes

Abertas as inscicións para participar na segunda edición da ´´ Xurés Bike Tour´´

O Inorde organiza este evento deportivo que aspira a converterse nunha das probas de referencia por etapas do panorama BTT no norte de España

XURÉS BIKE TOUR 2022 / Muíños

Ourense

O Inorde organiza a segunda edición da ´´ Xurés Bike Tour´´ que xa ten aberto o seu prazo de inscricións para que todos os afeccionados ao ciclismo de montaña poida volver a gozar das paraxes naturais que ofrece esta zona do Xurés.

Este evento, que se celebrará do 10 ao 12 de xuño, aspira a converterse nunha das probas de referencia por etapas do panorama BTT no norte de España.

Ao igual que na primeira edición, o percorrido da proba transcorrerá por diferentes municipios do sur de Ourense así como por zonas do norte de Portugal, ´´ dotándoa dun carácter internacional que a dai máis atractiva para os deportistas,´´, sinalou o presidnete do Inorde, Rosendo Fernández. Deste modo, os afeccionados á práctica da mountain bike coñeceran os municipios de Muíños, Lobios, Montalegre, Lobeira e Bande.